O Tuesday 06 January 2009 00:39:31 escribiu: > Vexo que estás a corrixir os pesquisas en procuras. Penso que no normativo, > o que en reintegrado é pesquisa pasa a pescuda. Non é o mesmo procurar > (facer por atopar algo ou alguén) que pesquisar (facer unha investigacion > para coñecer algo)
certo, dependendo do contexto poida que o cambio que fixen non fora correcto. Efectivamente o corrector non daba como válida *pesquisa mais o cambio sería: *pesquisa > pescuda (de pescudar = 1 v t Facer preguntas e investigacións para descubrir algunha cousa. Tm abs. 2 v t Intentar saber o que outras persoas fan ou din. SIN: indagar, investigar, fisgar.) *búsqueda > busca, procura (segundo 'As Normas', ed. cumio, 2003) na próixima entrega que che faga, se é nestes dous días próximos, estará subsanado. Calquera outra cousa, informa. Puiden introducir máis regresións.