Ola.

Vense de publicar a resolución da convocatoria para as tres prazas dos
técnicos da OSL no CIXUG. É impresionante, basciamente modificaron a
convocatoria do posto do coordinador e quedaron tan panchos. Ala, que
a ver quen escollen, porque nas funcións do posto non di nada concreto
e nos méritos, tan pouco se saca nada concreto.

http://www.cixug.es/convocatorias/convocatorias.html

Joer, que tiñan que sacar tres prazas diferentes, buscar tres persoas
cun perfil diferente e que poideran realizar algún dos proxectos
concretos que hai no plan de actuación das OSL para o ano 2012. Así
non se fan ben as cousas. Que xente máis pouco competente, é que non
as pensan. Agora, a ver que xente escollen e que sabe facer, se é que
sabe facer algo que se poida aproveitar para realizar algúns dos
proxectos do plan.

Bueno. O xoves vou a entrevista e a ver que contan e se os convenzo de
que son a persoa adecuada pra o posto.

Aos interesados presentadevos. Non o dubidedes aínda que o vexades
chungo. Para a outra praza só se presentaron 9 persoas e pasaron dúas
a entervista final para unha praza. Nesta, mínimo teñen que pasar
tres. Non é moita pasta, pero é unha forma de promover o software
libre na universidade, de apoiar a causa e cobrando algo e de paso
facer curriculo.

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a