bos días,
Darktable é un aplicativo para xestionar e editar fotografías
http://www.darktable.org/
é un proxecto de código aberto que nas versións recentes non está
traducido ao galego e os ficheiros traducidos son do 2010 (mirando a súa
páxina en github)
É unha desfeita pois non coinciden moitas das cadeas co orixinal, así
que é case como comezar de cero.
En https://localise.biz/xosem/darktable/ subín o .po por
se alguén ten conta en localise.biz e quere botar unha ollada (e unha
man :P ), dicídemo aquí ou directamente en correo.x...@gmail.com *para
engadir a vosa conta* ao grupo do proxecto e facelo en conxunto.
por suposto, se alguén ten traballo adiantado con este asunto que mo
diga e axudarei no que poida.
hai certas "metáforas" da era analóxica que non están implementadas,
tamén vocabulario propio da fotografía, así como fallan certos consensos
aos que se chegou máis tarde sobre termos xeráis
eu son aficionado /entusiasta/, non un experto en estos temas de
fotografía e hai certas cousas que me superan.
gracias e saúdos
--
xmgz.wordpress.com
<http://www.twitter.com/xmgz%3E@xmgz%3C/a%3E%3Cbr%3E%0ABlog:%3Ca%20href=> ****************
Non imprimas este correo se non é preciso.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto