Dicionario galego para Aspell

2003-04-29 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Ola:

  Esta mensaxe é para anunciar que xa está disponíbel o dicionário de galego 
(mínimos) para Aspell. Pode-se baixar de:

http://prdownloads.sourceforge.net/ispell-gl/aspell-gl-0.50-1.tar.bz2?download

Este dicionário é válido para Aspell 0.50.3 ou superior, mais penso que non 
serve para versións inferiores.

O diciónario está baseado no diciónario para Ispell. Porém o corrector Aspell 
apresenta mellores suxestións, e aprende dos teus erros, a mellora é notábel.
No lado negativo está que os dicionários non están comprimidos e teñen un 
tamaño arrepiante.

Un saudo
Ramom
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Sobre KDE

2003-04-29 Conversa Xabi G.
Non se fale máis, creo que debemos (si, é que quería deixar
zanxado o de KDE namentres falabades de cuestións extraoficiais ;))
establecer un novo coordinador (Jesús se queres seguir, sempre que poidas e 
teñas tempo, case que mellor). 

A ver se podemos facer algo por ter o escritorio traducido 
sen necesidade de andar con dous CVS distintos.

E por favor, é cuestión de porse e non de andalo a deixar
mes tras mes ata que se volva a discutir.


El Lunes 21 Abril 2003 20:04, Jesus Bravo Alvarez escribió:
 Ola,

   Desculpas por non estar na conversa, tava em férias ;)

   En primeiro lugar, lamentablemente teño o mesmo problema que
 Jacobo, é dicir, xa quedaron atrás as épocas en que tiña ducias de horas
 mortas, e agora ando ben falto de tempo, ganas e enerxías.

   Sobre o que estivestes a falar estes últimos días, aquí van os meus
 comentarios.

   Para empezar, dous conceptos básicos:

 - O máis importante de coordinar a traducción de KDE (e de calquera outro
   proxecto) está no propio proxecto, non en Trasno. Quero dicir, o esencial
   é que o coordinador teña acceso ao CVS de KDE, e manteña alí en orde as
   traduccións (cousa que non se está a facer agora). Ao fin, son esas as
   traduccións que van facerse oficiais, non importa que a web de KDE en
   Trasno estea actualizada ou non, non importa mesmo que exista.

 - Por extensión, o máis importante de Trasno non é a web, ou o CVS, ou os
   recursos físicos que poidan existir.  O máis importante é precisamente
   poder estar xuntos todos os que estamos a facer algo coa traducción do
   software libre ao galego, e poder colaborar xa que somos poucos, aínda
   que sexa só para ter unha base común de termos técnicos.

   O que quero dicir é que o tema dos recursos, o servidor web, cvs,
 ftp, ou o que sexa, é algo secundario.  Xa sei que a páxina actualmente dá
 unha pobre imaxe de abandono, pero penso que é máis grave que os usuarios
 finais noten o abandono nas traduccións dos programas.

   Eu xa tiña pensado quitar na web as táboas enormes cos paquetes de
 KDE e GNOME.  Teñen algunha vantaxe, pero os sistemas de actualización e
 ter os repositorios duplicados ao final dan o dobre de traballo.  Quería
 deixar simplemente como referencia principal as propias páxinas de
 estatísticas de GNOME e KDE, que melloraron bastante nos últimos tempos:

   http://i18n.kde.org/stats/gui/HEAD/gl/

   http://developer.gnome.org/projects/gtp/status/gnome-2.2/gl/

   E o CVS quedaría como simple repositorio/histórico local para
 comunicar os traductores cos coordinadores de maneira máis eficiente que
 o correo electrónico.


   Do tema de recursos/web/etc... non digo máis, se iso xa o
 falariamos máis adiante.  O tema da coordinación de KDE é máis sinxelo.
 Propoñede un novo coordinador, e eu mándolle unha mensaxe ao tipo de i18n
 de KDE, e nunhas horiñas debería ter conta no servidor CVS.  Eu explícolle
 o que faga falta, se cadra mesmo podo quedar eu tamén coa conta do CVS para
 mirar que todo vai ben.

   Veña, rapaces, xa me contaredes, moito ánimo!



pgpzyN6Ai1mtR.pgp
Description: signature