Correos Gnomeweb

2009-02-05 Conversa Alejo Pacín Jul
Boas.

Levo uns días recibindo correo da lista remitido por Gnomeweb e paréceme que
esta lista non é o sitio para ditos correos. Creo lembrar que xa alguén
manifestou a mesma idea e penso que vai sendo hora de que alguén se faga
algo ó respecto. Xa me chega con recibir cantidade de mensaxes inútiles da
lista de Mandriva como para, a maiores, recibir o mesmo tipo de correos
dunha lista que supuña algo máis seria.

Graciñas de antemán pola vosa atención.

Un saúdo,

 Xuco.

Google

2009-02-05 Conversa Xosé
Onte fixeron-me a entrevista os do Faro de Vigo. Saiu esta mañá (ainda non o 
vin); sei-no porque me espertaron os da Radio Galega, que me van entrevistar 
arredor das 10.40.

A redactora do Faro escribiu-me isto:

Gracias, Xosé, está muy bien. Mañana sale una cosa bastante breve del tema 
de Google, pero más adelante me gustaría volver a hablar contigo y otras 
personas de Trasno, que he echado un vistazo y me ha parecido muy 
interesante.

Un saludo y muchas gracias!

Amaia 

A ver como é o artigo, como sae o da radio e quen se ofrece para falar por 
Trasno no futuro.

Xosé

Re: Google

2009-02-05 Conversa Miguel Branco
O Xoves, 5 de Febreiro de 2009 14:12:56 escribiches:
 Oes, pois fenomenal. Ti deixanos ben, di que fai falta xente, máis axuda
 etc

 O Xoves, 5 de Febreiro de 2009 09:54:09 Xosé escribiu:
  Onte fixeron-me a entrevista os do Faro de Vigo. Saiu esta mañá (ainda
  non o vin); sei-no porque me espertaron os da Radio Galega, que me van
  entrevistar arredor das 10.40.
 
  A redactora do Faro escribiu-me isto:
  Gracias, Xosé, está muy bien. Mañana sale una cosa bastante breve del
   tema de Google, pero más adelante me gustaría volver a hablar contigo y
   otras personas de Trasno, que he echado un vistazo y me ha parecido muy
   interesante.
  
  Un saludo y muchas gracias!
  
  Amaia

Re: Google

2009-02-05 Conversa Miguel Branco

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009020500_8_294503__SOCIEDAD-
 
Y-CULTURA-Google-aprende-gallego

http://www.elpais.com/articulo/internet/Google/fala/galego/elpeputec/20090205elpepunet_3/Tes

Re: Google

2009-02-05 Conversa Xosé
Grazas pola referencia. Até puxeron unha ligazón a trasno.net! Na edición 
impresa aparezo en foto, co fermoso solpor que tíñamos onte.

Tamén me entrevistaron na Radio Galega. Sae mañá en Un día por diante. 
Perdón polas, involuntarias, omisións (tiña intención de facer unha listaxe de 
cousas a mencionar, pero non o din feito) e polo meu falar atrapallado.

Suso: reenviei-lles a Google o teu convite.

Xosé

On Xoves 05 Febreiro 2009 14:27:43 Miguel Branco wrote:
 http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009020500_8_294503__SO
CIEDAD- Y-CULTURA-Google-aprende-gallego

 http://www.elpais.com/articulo/internet/Google/fala/galego/elpeputec/200902
05elpepunet_3/Tes

Re: Correos Gnomeweb

2009-02-05 Conversa Leandro Regueiro
 Levo uns días recibindo correo da lista remitido por Gnomeweb e paréceme que
 esta lista non é o sitio para ditos correos. Creo lembrar que xa alguén
 manifestou a mesma idea e penso que vai sendo hora de que alguén se faga
 algo ó respecto. Xa me chega con recibir cantidade de mensaxes inútiles da
 lista de Mandriva como para, a maiores, recibir o mesmo tipo de correos
 dunha lista que supuña algo máis seria.

 Graciñas de antemán pola vosa atención.

Tamén temos os correos de Debian. Quizais deberiamos crear outra lista
só para esas cousas...

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: Correos Gnomeweb

2009-02-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
  Levo uns días recibindo correo da lista remitido por Gnomeweb e paréceme
  que esta lista non é o sitio para ditos correos. Creo lembrar que xa
  alguén manifestou a mesma idea e penso que vai sendo hora de que alguén
  se faga algo ó respecto. Xa me chega con recibir cantidade de mensaxes
  inútiles da lista de Mandriva como para, a maiores, recibir o mesmo tipo
  de correos dunha lista que supuña algo máis seria.
 
  Graciñas de antemán pola vosa atención.

 Tamén temos os correos de Debian. Quizais deberiamos crear outra lista
 só para esas cousas...

Non é mala idea

Re: [KDE] statu quo

2009-02-05 Conversa Leandro Regueiro
 Lamentabelmente, debido a causas alleas á equipa de tradución de KDE
 ao galego, o estado do 100% traducido, que tanto cariño nos costou
 acadar e manter, estragouse por causas alleas a Trasno. Na actualidade
 (2009-01-30), están unhas 1000 mensaxes en estado de dubidoso, que me
 encargarei de ir revisando antes de 4.2.1.

 Ea, temos uns coordinadores de l10n en kde que non os merecemos... xa
 arranxaron todo todo todiño, pra entendernos, que mañá miredes outravolta as
 estatísticas.

Teño curiosidade por saber quen foi o culpable desa desfeita :)

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: Google

2009-02-05 Conversa Leandro Regueiro
 Grazas pola referencia. Até puxeron unha ligazón a trasno.net! Na edición
 impresa aparezo en foto, co fermoso solpor que tíñamos onte.

 Tamén me entrevistaron na Radio Galega. Sae mañá en Un día por diante.
 Perdón polas, involuntarias, omisións (tiña intención de facer unha listaxe
 de cousas a mencionar, pero non o din feito) e polo meu falar atrapallado.

 Suso: reenviei-lles a Google o teu convite.

Polo menos conseguimos unha ligazón a Trasno. A ver se aparece algunha
xente nova para traducir...

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: historicos trasno

2009-02-05 Conversa Leandro Regueiro
Olá, agora que andiven zoscando pra cambiar a dirección que teño rexistrada en
trasno, 'recordei' que antes era outra dirección, e si que ten ainda
históricos accesibles, son de 1 ano (out 2003- dec2004):

   Eu teño gardado dende setembro de 1999 ata agosto de 2006
 (practicamente) todo o que se enviou a gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es,
 le...@eurielec.etsit.upm.es e tra...@ceu.fi.udc.es.

   (Si, algún coñecido di de min que sou o Google do correo :P)

   Se alguén está interesado nese histórico que o pida e póñoo dispoñible
 en mbox.

Ola de novo Suso. Dixen xa noutra mensaxe que estaba interesado. Non
corre présa, pero se puideras facelo canto antes mellor. Moitas
grazas.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: Correos Gnomeweb

2009-02-05 Conversa Fran Diéguez
A verdade e que é bastante molesto, e sinto que vos cheguen as mensaxes,
espero que Suso cambie a configuración para este asunto.

Polo momento vou a deter o envío de actualizacións así tamén me dou
unhas vacacións de tradución.

Saúdos
El 05/02/09 18:27, Adrián Chaves Fernández escribiu: