Re: Xuntanza de axentes do SwL no XGN

2009-04-03 Conversa Marce Villarino
O Luns 30 Marzo 2009 11:25:39 Miguel Bouzada escribiu:
 É o noso desexo que participe todo movemento, grupo, proxecto etc... para
 tratar de sentar unha base de colaboración o máis representativa posible,
 polo que vos agradecemos que fagades chegar a proposta a todolos axentes
 cos que teñades contactos.

Pois acabo de aterrar na casa, levo unha semana fora, e hoxe metinme 900Km 
entre o peito e as costas, así que lamento ter que comunicarvos que en contra 
da miña idea orixinal, non vou ir a Santiago esta fin de semana.
Facede un resumo do que se fale.


Re: [G11n] que traducimos no obradoiro da xgn?

2009-04-03 Conversa Marce Villarino
O Luns 30 Marzo 2009 17:54:29 dorfun escribiu:
 O enlightenment, seguro que é un tostón.
 (http://wiki.enlightenment.org/index.php/Translating_Enlightenment)

Porén o edje é unha cousa moi interesante.


Obradoiro da XGN (despois)

2009-04-03 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
como estaba previsto o obradoiro foi case unha desfeita total por
poñer ó mando a un incompetente nos temas estes.  O caso é que chegou
o momento, despois superar parte dos problemas derivados da
ineficiente organización que nos puxo un galinux ó cal non se lle pode
instalar o Lokalize, falta de preparación polo inepto ó cargo, etc.,
no que xa non sabia que máis contar, xusto despois de saír lembro seis
ou sete cousas (esaxerando claro) que eran importantes e deberia ter
dito: existencia do digalego, falar dos glosarios antes de poñelos a
traducir... paro xa que non quero autoflaxelarme demasiado.

Nota mental: liar a alguén para a próxima vez, que non sexa eu.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [G11n] que traducimos no obradoiro da xgn?

2009-04-03 Conversa Leandro Regueiro
 O enlightenment, seguro que é un tostón.
 (http://wiki.enlightenment.org/index.php/Translating_Enlightenment)

 Porén o edje é unha cousa moi interesante.

Enviala un pouco máis tarde e xa é despois do obradoiro :) Tocará para
o próximo obradoiro...

Ó final foi o Meld, escollido a boleo...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Xuntanza de axentes do SwL no XGN

2009-04-03 Conversa Leandro Regueiro
 É o noso desexo que participe todo movemento, grupo, proxecto etc... para
 tratar de sentar unha base de colaboración o máis representativa posible,
 polo que vos agradecemos que fagades chegar a proposta a todolos axentes
 cos que teñades contactos.

 Pois acabo de aterrar na casa, levo unha semana fora, e hoxe metinme 900Km
 entre o peito e as costas, así que lamento ter que comunicarvos que en contra
 da miña idea orixinal, non vou ir a Santiago esta fin de semana.
 Facede un resumo do que se fale.

Xa veremos, quen se apunta a apuntar o que se fale?

Ata logo,
  Leandro Regueiro