Re: [Hunspell] «sobrevivir» é defectivo?

2013-02-03 Conversa Antón Méixome
Non é defectivo en absoluto.

O corrector ten que dalas todas por boas


2013/2/2 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

 Ola.

 Teño dúbidas coa conxugación de «sobrevivir». ¿É “defectivo”? É dicir, o
 corrector debería dar por boas só P3 e P6 (situación actual), ou todas as
 persoas?

 Mostra:

 sobrevivimos
 sobrevivides
 sobreviven
 sobrevivimos
 sobrevivides
 sobreviven

 Das seis, agora mesmo só estamos a dar por correctas a terceira e a sexta
 formas.

 Un saúdo.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[Hunspell] O meu plan para febreiro

2013-02-03 Conversa Adrián Chaves Fernández
Grazas pola aclaración!

Con esa corrección[1] acábanse as correccións dos erros dos que teño 
constancia. Se alguén sabe dalgún erro —palabra marcada incorrecta cando é 
correcta, ou correcta cando é incorrecta— que non estea na lista de correccións 
feitas[2], por favor que o engada á lista de erros pendentes[3], e procurarei 
encargarme del canto antes.

A miña idea é, en canto os arranxos se inclúan no repositorio principal, 
poñerme con algunhas melloras para o sistema de construción do dicionario, 
principalmente a separación das suxestións (REP) nun ficheiro de seu, o que 
permitiría engadir e eliminar liñas de suxestión sen necesidade de actualizar 
cada vez o número de liñas que conteñen suxestións; un número que o formato de 
Hunspell dita que debe definirse, e que fai imposible, por exemplo, facer dous 
“pull request” de suxestións contra o repositorio principal e que o resultado 
non rompa o sistema de suxestións ou dea lugar a un conflito de edicións.

Despois deses cambios, poreime a engadir as suxestións que poida listadas na 
Wikipedia[4] (só poden engadirse aquelas nas que a expresión errónea está 
composta por unha única palabra) e mailas listadas no noso wiki[5]. E logo 
ocupareime de crear un módulo que inclúa os acordos das Trasnadas (e outro 
módulo para min con vocabulario específico de Wesnoth :).

Se todo marcha segundo o previsto, todo isto podería rematarse este mes. 
Despois desconectarei do Hunspell e poreime con outras leas miñas. Así que quen 
vexa que falta algo necesario neste plan, que fale agora ou cale para sempre!

Un saúdo.

O Luns, 4 de Febreiro de 2013 00:43:55 Antón Méixome escribiu:


Non é defectivo en absoluto.



O corrector ten que dalas todas por boas




2013/2/2 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com[6]


Ola.

Teño dúbidas coa conxugación de «sobrevivir». ¿É “defectivo”? É dicir, o 
corrector debería dar por boas só P3 e P6 (situación actual), ou todas as 
persoas?

Mostra:

sobrevivimossobrevividessobrevivensobrevivimossobrevividessobreviven

Das seis, agora mesmo só estamos a dar por correctas a terceira e a sexta 
formas.

Un saúdo.___Proxecto mailing list

Proxecto@trasno.net[7]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto[8]







[1] https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/98
[2] 
http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_corrixidos_e_propostas_aplicadas
[3] http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_e_propostas_pendentes
[4] http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Erros_de_ortografía
[5] http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Suxesti.C3.B3ns
[6] mailto:adriyeticha...@gmail.com
[7] mailto:Proxecto@trasno.net
[8] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto