Re: Saúdos -- Icewm

2007-01-20 Conversa Leandro Regueiro

Si, chamalle gl.po. Revisa a tradución que fixeches tantas veces como
poidas. Non estamos en contra de apoiarnos noutras linguas para
intentar comprender un msgid en inglés, pero non as uses coma base.

Procura empezar de novo co .pot, que non son mais de 300 cadeas, creo.
Comunicate cos desenvolvedores do IceWM e envialles o gl.po cando
remates.

Sobre o de manter a tradución actualizada, pois non sei como fan neste
proxecto pero normalmente é imposible ter a tradución ó 100% a non ser
que esteas traducindo todolos dias e revisando que non cambiaran nada.
Normalmente traducese sobre a versión que eles usan mentres fan o
proxima versión, ou sexa, que a poden cambiar mais de mil veces antes
de sacar a proxima versión. Nalguns proxectos teñen un calendario no
que se conxela a inclusión de novas funcionalidades no código e polo
tanto o cambio dos .pot, dan uns dias para completar as traducións e
despois corrixen erros durante uns dias, e por ultimo empaquetan todo
e xa temos nova versión. Pero isto é variable.

Se ninguén mais se ofrece eu estou disposto a botarlle un ollo, pero
ten que ser nos proximos dias ou hoxe xa, que se me botan enriba os
exames.

Ata logo,
Leandro Regueiro

On 1/19/07, José Manuel Castroagudín Silva chavescesu...@gmail.com wrote:

Hum... a verdade é que onte cando cheguei do choio, déuseme por trastear un
pouco polo disco duro, atopei esto e, sen pensalo moito, collín o .po en
castelán e púxenme a editalo.

Non teño prácticamente (jeje) ningún problema co inglés, simplemente
collin o de castelán porque, ao ser a segunda lingua que mellor entendo
despois do galego, pensei que me sería máis sinxelo. Ás veces había
expresións en inglés que non sabía ben a qué se refería (pasoume cun par
delas). Ter o castelán debaixo axudoume a ubicar o msgstr...

En canto aos castelanismos: case seguro que os vai haber. Xa cando vivía na
terriña os empregaba tan comúnmente que nin me daba conta... agora que levo
un par de meses vivindo fora, a cousa pode ser moito... (eu que nunca falara
en castelán, véxome agora en Madrí vivindo, jejeje). Ainda que tentarei
revisalo varias veces (que xa o fixen, e non detectei nada raro, pero
claro...), sempre se me pode escapar algo polo medio...

Oe, que se me dicides que pode haber algún problema por facelo así, pois
collo o .pot e volvo escribir todo nun pispás. Polo de pronto, mándovos este
que teño, espero que sirva...

(Antes estaba no choio, non sei se a última mensaxe a mandei á lista, ou só
a un destinatario... como o comentastes antes...)

Outra cousa: o ficheiro débese chamar gl.po, non?

Un detalle técnico: este .po, en principio, só é válido para a versión
1.2.30 do icewm , ou non? (a non ser que non haxa ningún cambio coa próxima
versión, ou que non houbera ningún dende a anterior, vaia)
Cando saia a próxima versión... non sei como expresalo, pero.. os
desenvolvedores poñen os novos .pot á disposición antes que o paquete das
fontes? se non é así... como se supón que o .po vai ir algún día
sincronizado?? (esto ocorreuseme agora... non é necesario que me
respondades, pero a verdade é que me está recomendo as entrañas, jejeje).
Nas súas FAQ din que o mande directamente á lista de icewm-devel... pero
vaia, non sei... gustaríame que algunha boa e desinteresada persoa lle
botase un ollo antes de mandalo para alá

Que máis... púxenlle o meu nome arriba, se o que se estila é poñer algo como
trasno.net, ou similar... pois.. non sei, cambiareino, jejeje.

Hala, nada máis. Recibide un saudiño, xente! (e perdón polo ladrillazo que
escribín)

2007/1/19, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 Supoño que todo o de embaixo o querias enviar á lista, Xabi. Noutro
 caso, sintocho moito.

 Ata logo,
   Leandro Regueiro

 On 1/19/07, Xabi García  xab...@gmx.net wrote:
 
 
 
   Home, non sei se hai mais xente que faga iso, pero o correcto é coller
   o ficheiro .pot e traducir do inglés dende cero.
 
  Sen esquecer que é unha directriz fundamental dos proxectos o traducir
dende o template ou plantel correspondente, en extensión *.pot e en
inglés, facer outra cousa é un mal traballo, anque por estranas razóns pode
que coincidan nalgúns casos ;). Só vou a outras traducións moi de vez en
cando porque non sei como se traduce certa mensaxe críptica, e normalmente
atopo tamén traducións de patacón.
 
  O certo é que, se non lembro mal, o OpenOffice en galego está traducido
directamente collendo os ficheiros *.po, que non *.pot, da versión
portuguesa. Anque pode que só ollaran para as msgid e puxeran unha folla
tapando as msgstr.
  --
  Feel free - 5 GB Mailbox, 50 FreeSMS/Monat ...
  Jetzt GMX ProMail testen:
http://www.gmx.net/de/go/promail
 






Re: Saúdos -- Icewm

2007-01-20 Conversa Leandro Regueiro

Ola. Puxenme a revisar o .po que nos enviaches. Ainda que non chega ás
250 cadeas xa me pareceu demasiado o esforzo que teria que facer para
corrixilo. Refai dende o .pot a tradución esquecendote totalmente do
que xa fixeches. Contén demasiados erros e vin varias cadeas que nin
sequera están en galego. Non te desanimes, ningún de nós o fixo ben as
primeiras veces.

Ata logo,
   Leandro Regueiro