Teño unha proposta final de estatuto. 

Hai modificacións importantes que se deben a adecuarse ao que debatemos e 
votamos e algunha variación para mellorar a claridade expositiva ou a 
precisión. 

Perdoade o longo e pesado da mensaxe :)

Dou conta :
1º, dos resultados da votación que propuxen, 
2º, dos cambios importantes 
3º dos porqués das modificacións
4º nota persoal

e pídovos que:
1º digades se hai algo que quirades cambiar,algo que obxectar....
2º avisarades de erratas
3º propuxerades data para a asemblea


__________ Resultados das votacións __________________________
== Directiva Xeral:
1 presidente, 1 secretario 1 tesoureiro: Dani, Marce, Xosé
1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro, vogais a vontade: Leandro, M. 
Bouzada, Eu

== Duración dos cargos:
cada dous anos, igual duración: todos

== Método de elección da directiva:
*Lista pechada/Presidente por elección directa, elixe directiva: Xosé
*a asemblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o  presidente 
que nomea a directiva, a asemblea ratifica a nova directiva: Dani
*a asemblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran na 
directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o presidente. 
O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na primeira 
volta.: Marce, Leandro, Eu
* asemblea vota persoas, individualmente, as máis votadas entran na directiva 
por orde de importancia (presidente > vicepresidente >...): M. Bouzada

== Actas:
Na mesma sesión: Xosé, M. Bouzada, Dani (indif) ,Eu
Na seguinte sesión: Marce, Leandro, Dani (indif)

== Votación electrónica:
Só en asemblea ordinaria:  Dani, Marce, M. Bouzada, Xosé, Eu
Tamén en asemblea extraordinaria: Leandro


__________ Cambios importantes ______________________________


Capítulo I. 
Corrección da denominación (art. 1)
Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte (art. 
5.1.v & 5.2.vi)

Capítulo II.
Reincorporase o asociado xuvenil

Capítulo III. 
Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro (art. 11)
Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3)
Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as 
vacantes (art.  12.4 & 13.3)
Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas 
corresponden con un asociado (art .14.ix)
Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)

Capitulo IV-VI
(sen cambios)

____________ Razoamentos das modificacións _________________
Capítulo I. 
**Corrección da denominación (art. 1)
'Proxecto trasno' é a denominación que se empregou inicialmente. Especifícase 
o ámbito (cultural) e a actividade (localización de software libre ao galego). 
Se alguén se lle ocorre como abrevialo ;)

**Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte (art. 
5.1.v & 5.2.vi)
A proposta de Marce, discutido no fío de Maio

Capítulo II.
**Reincorporase o asociado xuvenil
Eliminárao inicialmente, reincorpóroo por se houber menores de idade, que 
necesariamente teñen que ser excluídos da directiva xeral. Descoñezo se é 
obrigado ter este apartado, así que por se acaso, vai incluido.


Capítulo III. 
**Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro (art. 11)
Votamos case por igual esta proposta e a de incorporar vogais. Como nos 
seguintes artigos se establece que a directiva xeral pode formar comisións a 
efectos de delegación de actividades, fago de abogado do demo e entendo que 
non é necesario incorporar vogais. 

O grande problema desta proposta é que hai que eliminar a figura de 
'vicepresidente' e así o fixen. Como a directiva ten, por lei, que estar 
sempre composta por un mínimo de3 persoas, busquei a maneira de adecuar isto 
con cubrir as vacantes. Tiven que darlle voltas un cacho, non vos creades ;) 
vd. seguintes puntos.

**Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3)
A proposta máis votada fora a f. Pero dani propoñía outra similar,  M. Bouzada 
prefería que os cargos quedasen determinados por unha primeira volta por orde 
de importancia, e Xosé que era partidario de lista pechadas ou similar. En 
fin. 
Redactei o punto en base a proposta (f) e establecendo un xeito de resolver o 
problema de eliminar o vicepresidente e cubrir as vacantes. Así que a proposta 
son dúas quendas de votacións, unha de 'escolma' de candidatos e outra 
'segunda volta' á francesa para determinar a posición dos candidatos. Nótese 
que considero que poden darse empates, algo agora mesmo previsible cun número 
baixo de 'socios'. Votación segreda en 'urna' da que quedan excluídos os 
xuvenís (menores de 18)  e os patrocinadores (misión: evitar influencia de 
empresas na elección da directiva)

**Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as 
vacantes (art.  12.4 & 13.3)
No método de elección do presidente inclúo o de que o  escolla entre os que 
entran na segunda ronda (que son tantos coma cargos na directiva + 1) quen é 
na directiva para conxugar aquilo de se o presidente se leva mal con alguén 
etc coa  'vontade popular'. Os que entran na segunda volta son catro, para que 
sobre alguén. (Un é o presidente, que elixe quen dos outros tres é o 
secretario e o tesoureiro e sobra un ).Con isto queda un alguén definido por 
se houbera que cubrir vacantes na directiva xeral. Non sería calquera, é 
alguén específico que obtivo votos na elección.  

Logo, determino que quen faga de 'vicepresidente' sexa o secretario (paréceme 
o lóxico 2º posto nunha directiva a 3), e que o posto que este deixa libre 
temporalmente o cubra ese 'cuarto' nas votacións. Penso que non tería sentido 
que cubrise o posto de presidente ese cuarto.

**Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas 
corresponden con un asociado (art .14.ix)
Paréceme importante dabondo como para que vaia nos estatutos. A alguén lle 
haberá quen reclamar se existen votos duplicados etc

**Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)
Preguntei algo que non tiña sentido: o de cando permitir a delegación de voto. 
A pregunta sería: para qué permitir a delegación de voto. Pódese delegar voto 
para elixir presidente?. Isto darase habitualmente nas asembleas ordinarias, 
excepcionalmente nas extraordinarias. Así que aquí volvo a facer de avogado do 
demo. Marco que se pode delegar voto comunicándollo ó secretario (para que 
anote o voto) e facéndoo público, caso de realizar as asembleas 
presencialmente, con antelación e sempre que o que se vota non sexa algo 
ambiguo. Para votacións ordinarias isto supoño que é suficiente. -ie. Migramos 
a web a drupal? si, non... Pagámoslle o gasoil ó preside cando vaia de marcha? 
non!!... Enténdeseme, non?. 

Caso da elección do presidente/directiva  é diferente. O que fixen foi dicir 
que se  si podería por correo enviando:
- un sobre co nome, nº de asociado... (identificador do asociado)
- un sobre dentro do outro sen identificación co voto por x persoa
- ábrese o 1º sobre no momento da 1º quenda de votación
- rexistrase, vota fulanito de tal, e o sobre co voto que o acompaña ponse a 
canda os demais
- compútanse tódolos votos por igual
Se o voto se entende como segrego só pode valer isto para a 1º quenda de 
votación.


::Notas::
O estatuto tal como está é bastante ríxido e específico. Pode parecer excesivo 
na redacción pero penso que é o mellor para evitar problemas por non 
establecer determinadas cousas. Por exemplo, no modelo de estatuto NON se 
especifica como escoller a directiva. Só se di que se escolle en asemblea 
xeral. Neste estatuto especifícariase ata como resolver empates. Paréceme 
conveniente. 
Logo, tomando como refente ós estatutos de KDE ev. e Gnome foundation, 
introducira  o 'patrocinador' con voz pero sen voto: isto está pensado para 
evitar que a asociación a dirixa 'x' empresa interesada etc. Que conste que 
non penso en ninguén en concreto pero hai que pensar na posibilidade.

Xa vos contarei a que cousas lle teño botado o ollo para trasno.net 2.0 ;)

sen máis, vós diredes!

ala!, marcho de parranda!!


Attachment: estatutoproxectotrasno.pdf
Description: Adobe PDF document

Attachment: estatutoproxectotrasno.odt
Description: application/vnd.oasis.opendocument.text

Responderlle a