Ben, a verdade é que tanta información nova desbordoume un pouco e botei uns 
cantos días revisando a vosa páxina, o curso da UDC (para cando outro?) e 
descargando programas que manexo aínda con dificultade... pero penso que a 
mellor forma de aprender é poñerse mans á obra e agora si que teño tempo 
suficiente para comprometerme, e tamén equipo noviño. O problema é que me 
parecen todas as propostas moi tentadoras: colaborar con Ubuntu porque comezo a 
coñecelo... aínda que supoño que xa estará case todo feito (síntoo Miguel que 
non cheguei a contestarche), practicar para conseguir desenvolverme ben co 
OmegaT, o Lokalize, o LibreOffice, as páxinas web que non son difíciles :-)  
Supoño que agora estaredes liados co da asemblea, pero en canto algún poida 
darme indicacións comezo con algo... o que sexa máis urxente primeiro claro e 
despois xa me ides dicindo. Saúdos.Susana  Date: Thu, 12 Jan 2012 11:09:14 +0100
From: Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO
neste momento teño dúas urxencias que reservaba para quen queira iniciarse, 
Openbox e Obconf, a importancia ven dada por seren básicos para
LXDE e que será o xestor de xanelas da vindeira MininoEstes dous .pot hai que 
traducilos en local, podes empregar calquera ferramenta... Lokalize, OmegaT, 
Virtaal, Poedit, GTranslator... ou incluso
podes facelo en modo texto.
Bótallesun ollo en:
 
http://git.icculus.org/?p=mikachu/openbox.git;a=blob_plain;f=po/openbox.pot;hb=backport
 http://git.icculus.org/?p=dana/obconf.git;a=blob_plain;f=po/obconf.pot;hb=HEAD
 
 Se te animas, xa che imos indicando cal é a mellor forma.
 Date: Wed, 11 Jan 2012 16:24:53 +0100
From: Enrique Estévez Fernández <keko.gl@gmail.comSubject: Re: COLABORAR 
TRADUCINDO
Como xa sabrás, eu encargome de Mozilla, e non estou moi sobrado de  axuda, 
preciso moita colaboración, polo menos no que se refire a
tradución das páxinas web do proxecto ou promocionais da fundación.

Se che gusta traducir páxinas web de promoción e bastante visíbeis,  sería un 
bo lugar no que colaborar, pero son cousas que teñen bastante
urxencia cando saen. Creo que non son moi difíciles e en principio tradúcese co 
OmegaT. Eu pasaríache o proxecto creado e cos recursos
que precisas. Da revisión, sobre todo técnica e do envío de volta ao proxecto 
xa me encargaría eu como coordinador.
  Date: Wed, 11 Jan 2012 15:45:52 +0100
From: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO
 Xa que estamos, un pouco de axuda en KDE non viría nada mal. Se empregas algún 
programa deste sistema, como poida ser o Lokalize, e estás  
interesada en traducilo, dareiche unhas instrucións (na rolda de correo).
    Date: Wed, 21 Dec 2011 21:01:07 +0100
From: Antón Méixome <cert...@certima.net>
Subject: Re: COLABORAR COMO VOLUNTARIA a suite LibreOffice que eu coordino está 
perfectamente aberta e hai unha chea de traballo por todos os lados (viría moi 
ben unha man especialmente coa web e o wiki) http://gl.libreoffice.org/home/
 

Gnome tamén está moi ben como proxecto, aínda que "calculo" se necesite máis a 
axuda en KDE (temos o 100% de Gnome fronte a un 76% de
KDE actualmente).
 
Ademais están os propios sistemas de Trasno (web, wiki, etc) ondetamén sería de 
agradecer algunha dedicación para sermos máis
accesibles e útiles, como ti ben que notaches.
  Date: Wed, 21 Dec 2011 15:00:28 +0000
From: Susana Brandariz <susana_branda...@hotmail.com>
Subject: COLABORAR COMO VOLUNTARIA
 Saúdos
 
Gustaríame colaborar axudando na tradución dalgún proxecto (Ubuntu, Gnome...) 
polo que acabo de subscrimirme á lista e estiven 
botando unha ollada á documentación da páxina, sobre todo á Wiki aínda que 
algunhas ligazóns están rotas. 
 
Non entendo moi ben se debo solicitar que se me asigne unha tradución que non 
estea feita, ou facer primeiro unha "proba" para ser admitida, ou me teño que 
unir a un grupo, ou é mellor que me poña en contacto co coordinardor...
 
A miña formación é máis ben lingüística (licenciada en tradución e filoloxía 
inglesa), aínda que a informática interésame de sempre e por 
iso agora estou facendo un ciclo superior de fp.
 
Agardo que me poidades orientar no seguinte paso que teño que dar. Grazas       
     










                                          
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a