Proxectos de tradución

2013-05-28 Conversa Cristian Estévez Hermida
Ola,
fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor das
miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime conque xa
está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha información
de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está caída.
Foi algún dos membros de Trasno?
Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un novo
tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que uso
de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


wget

2013-05-28 Conversa Antón Méixome
Aviso aos que traballades en Debian

Luz Antas, nova trasnega, rematou a tradución de wget.

En canto teña un pouco de tempo súboa ou remítoa ao Translation Project
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto