Re: [Terminoloxía]

2016-03-04 Conversa Miguel Bouzada
Lembrar que co nome de «dongle» había un feixe de aparellos, especialmente
os destinados á protección de copia, (especialmente con conectores do tipo
D para RS232, etc) que eran coñecidos no noso argot en castelán como
«mochilas»
[eu teño algún na miña geek-collection :-)]

O 02 marzo 2016 18:26, Antón Méixome  escribiu:

>
>
> 2016-03-02 12:28 GMT+01:00 Fran Diéguez :
>
>> Ola a todos,
>>
>> quixera que debateramos (se non está feito xa) como podemos traducir o
>> termo "dongle".
>>
>> Como exemplo temos os dongle Bluetooth, multimedia, ou wifi:
>>
>>
>> http://www.amazon.es/s/ref=nb_sb_noss?__mk_es_ES=%C3%85M%C3%85%C5%BD%C3%95%C3%91=search-alias%3Daps=dongle
>>
>> Saúdos
>>
>>
>
> Interesante termo e que nunca se debatese é estraño porque a estas alturas
> resulta antiquísimo e provén da cultura hacker.
>
> Que é?
>
> http://www.catb.org/~esr/jargon/html/D/dongle.html  (Este vocabulario
> parte do ano 1975, e remite a fontes anteriores, miña naiciña, que
> venerable peza!!!)
>
> Debido á evolución do dispositivo, quizais poderíamos chamalo simplemente
> "adaptador USB" ou chave USB (para distinguilo de memoria USB). Isto
> permitiría utilizalo tanto para os portos USB, como para os antigos D-25 ou
> portos paralelos.
>
> O máis interesante é que parece ser o termo xenérico de toda esa familia e
> a mitoloxía da palabra tamen é ben curiosa: ao inventor “Don Gall”
>
>
>
>
>
>
>
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Babelzilla

2016-03-04 Conversa Xosé
Non sei canto tempo leva funcionando, pero como non lembro térvolo ouvido
mencionar, anúncioo aquí:


http://beta.babelzilla.org/projects/ para traducir os complementos de
Mozilla.

Xosé
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


OpenLibra

2016-03-04 Conversa Antón Méixome
O responsable de OpenLibra contactou con Trasno (por Twitter) pide
colaboradores para poñela en galego.

É un proxecto moi interesante e novo. Acabo de pedirlle máis datos sobre
canto suporía a colaboración.

https://openlibra.com/en/page/about

Incluso podemos colaborar con algunha publicación :-D


O twitter de Carlos Benítez

https://twitter.com/EtnasSoft
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto