Ramom Flores d'as Seixas escribiu:
Ola:

Alguén sabe algo disto?

http://www.amesanl.org/noticias/2004/20040209.html

Sae a noticia en Vieiros, mais exactamente en:

http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=62&N=33516

Ademais en hoxe (martes) publica en portada o seguinte:

Microsoft acepta as demandas da Mesa

Microsoft, a empresa de Bill Gates, comunicoulle á Mesa pola Normalización Lingüística que "antes do verán" estará traducido ao galego o interface de Windows XP e de Office. O presidente da Mesa, Carlos Callón, cualificou este anuncio de "paso histórico para o noso idioma, que ao gañar este novo espazo avanza un paso máis na consolidación do seu presente e do seu futuro". A xefa de Produtos de Windows XP de Microsoft, Mar Bastida, dirixiuse á Mesa "para lle responder ás medidas de boicote anunciadas por esta organización". A propia Mesa relaciona a decisión de Microsoft coa campaña anunciada onte contra os seus produtos e a aposta polo software libre, "que lle podería facer perder ao xigante da informática amplas cotas de mercado". Máis información en galego.org.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a