Nunca usei linuxdoc, pero teño tido problemas similares debido á codificación que utiliza o editor de texto. É posible que o teu editor utilice utf-8, e que linuxdoc non o identifique.... Eu probaría a cambiar a codificación do editor a latin1 ou a outra (por exemplo, en vim con ":set encoding=latin1"). Xa nos contarás.

Un saúdo.


Leandro Regueiro wrote:
Non, non creo que ese sexa o meu caso. Uso Dapper. Creo mais ben que é
cousa do linuxdoc, que non converte ben o documento sgml. Igual
especificando a codificación nas páxinas web que crea se soluciona o
erro. Heino probar na casa, pero se alguén ten algunha suxerencia que
mo diga, por favor.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

On 5/4/07, Dani Muñiz <d...@areoso.com> wrote:
Ola  a tod@s:

Non sei se ten que ver, hoxe instalei o ubuntu festy 7.04 e cando
reconfigurei o modo grafico os acentos saían todos mal, parece un erro
de codificación.

O comando lanzado foi: sudo dpkg-reconfigure xserver-xorg
tamén vin o uso de "nembargantes" que actualmente está descartado (na
RAG, refírome)

Outra cousa tiven que cambiar as fontes dos repositorios de es a us xa
que nas es dallaba a descarga translation-gl.

Saudos

Leandro Regueiro escribiu:
Ola a todos,
onte puxenme a traducir a documentación de Realtimebattle e cando
levaba un pouco traducido deume por facer a conversión de formato a
html para ver como quedaba. Resulta que non se pode usar o idioma
galego e os tiles non aparecian como debian. Probei poñendo como
idioma o castelán pero o problema persistia.

¿Alguén de vós tivo experiencia con linuxdoc ou sistemas semellantes
como creo que son docbook ou debiandoc e me pode aconsellar?

Moitas gracias,
                          Leandro Regueiro
N�����r��zǧvf���)��^r�.�˛���m�kj��net=
--
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html





Responderlle a