Warning: This message has had one or more attachments removed
Warning: (not named).
Warning: Please read the "trasno-Attachment-Warning.txt" attachment(s) for more 
information.

Ola rapaces,
 
Estou completamente de acordo co que expuxo Marce, creo que non teño nada que 
engadir :).
Sobre OASIS e XLIFF só quero sinalar que todo o seu proceso de desenvolvemento 
é público e transparente, reunímonos dúas veces ao mes e todo que se fala queda 
rexistrado nas actas que se fan públicas xusto ao rematar cada reunión. Tamén 
traballamos cunha lista de correo aberta, pódese consultar todo o que se fala 
aquí: https://lists.oasis-open.org/archives/xliff/. No proceso de creación do 
estándar pode participar calquera, hai un correo para facer chegar ao comité 
técnico as opinións/aportacións, e tamén pódese facer un directamente socio de 
OASIS e pedir o ingreso (para ser socio de OASIS si que hai que pagar unha cota 
anual). 
 
Dentro do comité non só hai grandes empresas de software e de localización, se 
non tamén académicos (como é o meu caso) sen intereses comerciais e xente que 
traballa en proxectos de software libre, como Yves Savourel membro máis que 
activo de Okapi Framework http://okapi.sourceforge.net/, teño que dicir ademais 
que é un dos membros do comité que máis fixo avanzar o estándar. 
 
Teño que dicir tamén que eu creo que é algo moi positivo que as grandes 
empresas de software e de localización estean presentes e colaboren no 
desenvolvemento do estándar. A implementación do propio estándar (que é un 
estándar aberto) nas súas ferramentas e procesos asegura a súa continuidade e 
axuda ao seu "estandarizamento" (perdoade pola redundancia, non sei expresar 
mellor a idea). 
Ademais, despois da desaparición de LISA é o único estándar (dentro do mundo da 
localización comercial polo menos) que sigue tendo un mantemento continuado e 
cun grupo de expertos traballando nel.
 
Menuda defensa que me acaba de sair do tema, perdoade!
 
En xuño temos o cuarto simposio en Londres, está aberto prazo para solicitudes 
de relatorios, por se alguén se anima a contar a visión dende este outro lado, 
a relación de XLIFF co software libre sempre é benvida: 
http://www.localisation.ie/xliff/resources/presentations/skyfies.pdf
 
Saúdos!
 
Lucía
 
 

 
________________________________

De: proxecto-boun...@trasno.net de la part de mvillarino
Date: mer. 06/03/2013 18:46
À: proxecto@trasno.net
Objet : Re: Xliff 2.0 a piques de saír



> non hai unha libintl que use do xliff,
> Vale pero esa barreira pode desaparecer

Hai alguén a traballar nisto? Se a resposta é non, non ha desaparecer.
Polo menos no universo dependente de libc.

Nota: Ten alguén fondos para pagar o desenvolvemento dun outro gettext?

> Supoño que o obxectivo de OASIS é precisamente estandarizar no posible un
> formato industrial, que sexa compatible cos procesos da empresas de
> tradución e tentar impoñerse como algo que deban recoller os desenvolvedores
> de ferramentas CAT.

Na última páxina aparece lista de agradecementos (onde vin a Lucia).
Oracle, IBM, Microsoft ... (e os ficheiros de properties de java e
resources de C# penso que se basean no mesmo ppio que os de catgets)


> Nese contexto, a idiosincrasia da tradución de software
> libre pode ser case marxinal.

Éo.

>Se fose así, sería un avance de todas
> maneiras, pola extensión dun estándar que non estea en mans privativas e
> tamén resulta accesible, cos procesos de conversión (mediante as
> ferramentas) que xa indicas ti, para todos os demais.

A presenza de Lionbrigde dame que pensar que, efectivamente, ha ter futuro.

> Visto doutra maneira, se as ferramentas de código libre implementan eses
> fluxos serían tamén válidas para o ámbito profesional. E iso si que pode
> atraer unha grande masa crítica de usuarios.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


This is a message from the MailScanner E-Mail Virus Protection Service
----------------------------------------------------------------------
The original e-mail attachment "winmail.dat"
was believed to be infected by a virus and has been replaced by this warning
message.

If you wish to receive a copy of the *infected* attachment, please
e-mail helpdesk and include the whole of this message
in your request. Alternatively, you can call them, with
the contents of this message to hand when you call.

At Thu Mar  7 18:31:11 2013 the virus scanner said:
   Could not parse Outlook Rich Text attachment

Note to Help Desk: Look on the trasno () MailScanner in 
/var/spool/MailScanner/quarantine/20130307 (message 09E614166A.A1898).
-- 
Postmaster
Proxecto Trasno
www.trasno.net

For all your IT requirements visit: http://www.transtec.co.uk
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a