Volvo enviar esta mensaxe á lista porque lla enviei sen querer a Leandro
(cando lle dou a responder en gmail, non envía á lista senón ao particular,
síntoo nunca me pasara noutras listas. Aínda ando á busca do ghamusino).

Non será por unha coma que hai despois de proxecto@trasno.net*,*?


---------- Forwarded message ----------
From: Miguel Solla <brado...@gmail.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2008/5/12
Subject: Re: Asociación
To: Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>


Eu podo facer de ponte entre as listas de distribución de terminoloxía e
mais esta. Os enderezos para quen se quiser subscribir son:

http://www.consellodacultura.org/interaccion/foros/terminoloxia.php

http://www.listas.usc.es/listas/usc-lexiterm.html

Entendo que tampouco se trata de encher estas listas con termos de tradución
de software libre (abranguen moitos outros ámbitos) e que sería mellor unha
ponte. Que opinión vos merece?


2008/5/12 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

Ola,
> envío esta mensaxe para comezar o fío referente ó tema de cumprir os
> nosos obxectivos coma comunidade marcados na xuntanza G11n. Houbo quen
> falou de facer unha asociación. Haberá que discutir se isto nos ha
> valer para algo máis que para recibir subvencións que poderian servir
> para pagar un servidor, o dominio, e non sei que cousas mais...
>
> Pego embaixo os obxectivos destacados no último documento remitido por
> Susos Baleato:
>
> 1. Traducir, coordenar localización de proxectos de software libre
> (agás os chungos)
> 2. Autoorganizarse, visibilizarse
> 3. Para terminoloxía: empregar 'consenso interno asesorado',
> incorporándose aos recursos como lista USC-lex, servizo terminoloxia
> 4. Formación: transferencia
>
> Ben, o primiero punto xa o levamos facendo anos. Por aí non hai problema.
>
> O segundo punto son dous, penso eu. O de autoorganizarse seria o
> referente á asociación ou algunha outra cousa? O de visibilizarse
> penso eu que inclúe facernos visibles e buscar novos tradutores ou a
> tradutores actuais que estean illados.
>
> O da terminoloxia xa o facemos. Fainos falta incorporarnos
> individualmente a eses novos recursos, e que algúns de nós fagan de
> ponte entre os dous proxectos. Alguén ten os enderezos das listas e
> mailas páxinas??
>
> Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha
> idea??
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
>

Responderlle a