---------- Forwarded message ----------
From: Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Sun, 11 Oct 2009 16:00:05 +0200
Subject: Re: Comida previa á reunión - sábado 17
To: José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>

-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Eu vou!

a min me vale calquera cousa que non sexan establecementos de comida
rápida. Prefiro que me poñan unha ensaladiña con queixo cunha cervexiña
que unha pringosa e <ironía>saborosa</ironía> mac currifluri.

Que a xente que vive máis en Santiago se pronuncie, xa que malia que eu
estou por Santiago pouco coñezo.

Saúdos

José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> Un voto a favor das parrilladas/tabernas/mesóns/tascas.
>
> Algunha outra opinión? Queda menos dunha semana, era ben ir
> apuntándose, rapaces...
>
> 2009/10/7, Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>> Apúntome.
>>
>> Pero McDonalds non!!
>>
>> Como quedamos ás 2 e a reunión é ás 4, non ten que ser en Área Central. Para
>> quen goste das tabernas, está o mesón de Concheiros; por alí tamén hai
>> algunha
>> parrillada e pouco máis aló está a rúa de San Pedro.
>>
>> De pagar xa falaremos.
>>
>> Xosé
>>
>>
>> O Mércores, 7 de Outubro de 2009 22:31:50 José Manuel Castroagudín Silva
>> escribiu:
>>> Boas,
>>>
>>> como ía dicindo: Propuxen que os que quixesen quedar antes da reunión,
>>> foramos a comer algo por aí.
>>>
>>> En principio, a idea era convidar eu aos asistentes. Así que ide dicindo
>>> quen quere vir. Para botar contas, e saber se me compensará poñer un
>>> bigote
>>> postizo e acudir cun nome falso, jejeje (e tamén mirar de buscar un sitio
>>> onde caibamos)
>>>
>>> Haberá tamén que propoñer sitio. Falouse do PizzaGrill, comentouse tamén o
>>> McDonalds. Alguén que coñeza, que propoña. E hora. Mencionouse de comer ás
>>> dúas ou así, pero vaia, falámolo agora.
>>>
>>> Nada máis. Espero as respostas.
>>>
>>> ---------- Forwarded message ----------
>>> From: José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>
>>> Date: 2009/10/7
>>> Subject: Re: Resumo e rexistro da reunión no IRC
>>> To: Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>> Cc: Trasno - Lista <proxecto@trasno.net>
>>>
>>>
>>> Boas,
>>>
>>> Paralelamente, ofrecinme a pagar unha comida o mesmo día, tamén por Área
>>> Central, en principio aos asistentes á asemblea no IRC que quixesen
>>>  pasarse.
>>>
>>> Ben, pois o caso é que estendo a invitación a todos os membros que vaian
>>> acudir á reunión para asinar os papeis estes.
>>>
>>> Vou mandar outro correo á parte deste, para non interromper a conversa
>>>  sobre os temas importantes. Este correo era só para atraer a vosa
>>>  atención.
>>>
>>> Aburiño!
>>>
>>> 2009/10/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>
>>> Ola.
>>>
>>>> Asistentes:
>>>> Miguel Branco
>>>> Leandro Regueiro
>>>> Felipe Xil
>>>> Antón Méixome
>>>> Xabier Villar
>>>> Miguel Bouzada
>>>> José Castroagudín
>>>> Adrián Chaves
>>>> Xosé Calvo
>>>> Daniel Muñiz
>>>> Fran Diéguez (temporalmente)
>>>>
>>>> Directiva: Miguel Branco presidente, Miguel Bouzada vicepresidente,
>>>> Leandro Regueiro secretario, Marce Villarino tesoureiro (Daniel Muñiz
>>>> de reserva).
>>>>
>>>> Os estatutos vanse revisar (ortografía) e vanse pasar a LaTeX. Tamén
>>>> se preguntou se hai que especificar se é cultural e outros temas.
>>>>
>>>> A reunión para asinar en principio será o día sábado 17 de Outubro ás
>>>> 16:00 horas en Área Central na Cervecería Internacional (na parte
>>>> norte) http://www.acentral.com/planos/zbaixa.htm Estase mirando de que
>>>> algúns vaian recollendo a outros por iso de contaminar menos e tal.
>>>>
>>>> Despois alguén entregará os papeis asinados onde corresponda.
>>>>
>>>> Cando haxa CIF falaremos do da conta da asociación, e doutros temas.
>>>>
>>>> No anexo vai o ficheiro do rexistro.
>>>>
>>>> Creo que vai todo.
>>>>
>>>> Ata logo,
>>>>                   Leandro Regueiro
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>
>


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrR5OUACgkQmLtmJqKk+bhRCQCggp3ysI5ufym1EJfhciVwaxvk
pCoAnA45O/TLUqGIY2QWRgK8pE3l7c1T
=ACzh
-----END PGP SIGNATURE-----



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a