Ola a todos, O 18 e 19 deste mes temos en Santiago de Compostela a Libre Software World Conference 2012.
Hai nada vin que remataba o prazo para solicitar relatorios no evento e propuxen no fío da Asociación candidatármonos. Aceptaron a proposta e asignáronnos un relatorio o día 19 ás 16.30 para difundir o Proxecto Trasno. En principio serei o relator e se non puidese ir eu, abrirei o fío para que vaia outra persoa representarnos. A idea de relatorio que lles propuxemos é: - que é o Proxecto Trasno? cal foi a súa historia? - que implica a filosofía do software libre na presenza das linguas nas TIC - o software libre ten un impacto positivo nas linguas minoritarias e/ou minorizadas pero gustariame que vaia a idea que temos todos sobre de trasno :) Teño que rematar a presentación antes do vindeiro día 12 e é só 30min. Así que, co dito, gustariame que: - propuxerades temas, frases, *ideas que transmitir* no evento - me contarades como foi a *historia do proxecto* dende o comezo ou me facilitedes recursos para coñecela mellor dende o inicio - como víchedes *o proxecto ante os **momentos políticos/sociais* que se viviron aquí dende o 2000 e *por onde* considerades que debe *ir* a comunidade de localización ao galego tendo iso en conta. (Isto pregúntoo para saber como vedes a relación da comunidade co sector institucional e empresarial, non por outra cousa) - que conseguimos ata o de agora e *por que camiño vedes que imos/vai a l10n ao galego*? - (e o que vos veña ademais á cachola) Fóra disto, na LSWC están a pedir voluntarios para colaborar na organización do evento. Se alguén lle fai remítovos aos xestores do evento. Saúdos
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto