On Wed, 1 Sep 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

> > Ventá é, á vez que unha fiestra, os orificios do nariz :-)
> 
> As ventas son os orificios do nariz, non as ventás. Ademais, diga o que diga
> o diciionario ventá é un castelanismo e queda fatal.

        Ventá ven do latín ventana, non do castelán, así que
tecnicamente NON é un castelanismo. Agora unha "comparativa" de termos,
collendo do diccionario Xerais:

        ventá (do lat. ventana = lugar por onde pasa o vento < ventu =
vento). s. f. 1. Abertura da parede para ventilar ou iluminar; fiestra. 2.
Orificio do nariz, fosas nasais.
FAM. Ventanal, ventanaxe, ventaneiro, ventano, ventanuco, ventanuxo.

        fiestra (lat. fenestra). s. f. 1. Abertura feita na parede dun
edificio, a unha certa altura sobre o chan, que serve para que entre a luz
e o aire. 2. Armazón ou armazóns de madeira, metal, etc. con cristais, cos
que se abre ou cerra esta abertura.

        xanela (lat. ianuella, dim. de ianua). s. f. Fiestra pequena;
pequeno van na parede dun edificio para deixar entra-lo aire e a luz.
FAM. Xaneira, xaneirento.

        Polo que podedes ver, xanela queda descartada case directamente.
Os outros dous termos son case equivalentes. Parece que hai así a simple
vista as seguintes diferencias:
        * Fiestra pode referirse á abertura ou á lámina ou equivalente co
que se pecha.
        * Ventá ten un sentido lixeiramente máis xenérico. Unha ventá pode
estar ó nivel do chan (un ventanuco en concreto).

        ¿Que pensades? A min particularmente me atrae máis o de fiestra,
pero visto así, supoño que debe ser mellor ventá...

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
                | DynDNS: metalicana.ddns.org
                | Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a