Pois eu tiro de Lokalize para todo. Supoño que o día que me moleste en serio a 
falta de funcionalidades, en vez de pasarme a outro verei de aplicar esas 
funcionalidades eu mesmo :)

O Luns, 18 de Marzo de 2013 12:01:32 Leandro Regueiro escribiu:
> Ola,
> hai un anaco Marce enviou unha mensaxe comentando que parecía que os
> usuarios de Gtranslator non se animan a achegar propostas para
> melloralo, e viume a dúbida de se realmente hai moita xente que o
> emprega. Así que, que programas adoitades empregar para traducir? E
> con que frecuencia o empregades?
> 
> 
> Eu uso Virtaal case sempre porque ten memorias de tradución,
> terminoloxía, etc, aínda que adoece de xestor de proxectos, algo que o
> certo é que eu non uso. Para revisar as traducións (ollo, que xa as
> vou revisando a medida que traduzo no Virtaal) emprego Pology e
> Lokalize, debido a que Pology só se integra con este editor, que se
> tivera integración con Virtaal non empregaría Lokalize. Se teño que
> abrir un ficheiro rápido para consultalo ou para facer unha tradución
> puntual emprego Poedit que me carga máis rápido que os demais. Todo
> isto para formato PO, así que se teño que traducir outro formato
> emprego os conversores do Translate Toolkit para converter a PO para
> traducir.
> 
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@roldas.trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a