Reenvio por se e de interês. Tiña intención de ir a presentación, pero
coincidiume con outra ocupacion :(

O que a presenta foi profesor meu, se pensades que pode sair algo de
interese de ahi, podo falar con el.

Un saudo!

--

Xabier Villar
---------- Mensaje reenviado ----------
De: "Unidade de Xestión da Innovación" <citius....@usc.es>
Fecha: 14/03/2013 11:05
Asunto: Presentación: «Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de
Computadores»
Para:

 Ola a todos

Hoxe, ás 12:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do CITIUS a presentación
do *Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de Computadores* a cargo
de Elisardo Antelo (Departamento de Electrónica e Computación) e Xusto
Rodríguez (Servizo de Normalización Lingüística da USC).

Agardamos vervos alí

Saúdos

Unidade de Xestión da Innovación
citius....@usc.es
_______________________________________________________________________________________________________

*Presentación*: «Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de
Computadores»
 *Data*: 14 de Marzo de 2013 - 12:00 horas
  *Poñentes*: Elisardo Antelo - Xusto Rodríguez (Departamento de
Electrónica e Computación da USC - Servizo de Normalización Lingüística da
USC)
 *Lugar*: Salón de actos do CiTIUS

 *Descrición: *
«Encamiñador» (*Router*), «Rañura da Cinta» (*Tape Slot*) ou «Topoloxía de
Bolboreta» (*Butterfly Network*) son algúns dos exemplos galegos que
figuran no novo *Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de
Computadores*, elaborado polo profesor Elisardo Antelo Suárez, do
Departamento de Electrónica e Computación, e Xusto Alexandre Rodríguez
Ríos, da Área de Terminoloxía - Servizo de Normalización Lingüística (SNL)
da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A presentación do traballo terá lugar este xoves, 14 de marzo, no salón de
actos do CiTIUS. Amais dos autores, no relatorio estarán presentes o
subdirector da ETSE, Francisco Omil, e Francisco Fernández Rivera,
investigador do CiTIUS e director do Departamento de Electrónica e
Computación. Todos eles falarán das achegas e vantaxes deste novo manual,
que estará dispoñible *online*, de maneira gratuíta, na páxina web do SNL (
www.usc.es/snl).

O proxecto xurdiu como  resposta ás demandas da Comisión de Normalización
Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE); dende hai
tempo, esta comisión viña propoñendo a elaboración dun glosario
«galego-español-inglés», que puidera ser utilizado nos distintos ámbitos de
coñecemento implicados na docencia e na investigación do centro.

O principal obxectivo deste glosario é ofrecer material de referencia que
facilite o emprego do galego no ámbito académico, pero resultará tamén de
grande utilidade para axudar á comprensión da bibliografía técnica que o
alumnado debe manexar durante os seus estudos -escrita maioritariamente en
inglés-. O volume trata de recoller a terminoloxía fundamental empregada no
eido da arquitectura de computadores, aínda que dado o  grao de innovación
tecnolóxica deste sector, requirirá actualizacións e modificacións
periódicas.

A previsible frecuencia destas correccións (como incorporar e nomear as
novas tecnoloxías que vaian agromando, suprimir algúns termos que perdan a
súa vixencia, etc) foi a principal razón para desbotar a edición en papel.
Debido o alto custe que esta supuña, e ás dificultades para ser revisada,
finalmente a edición do libro levouse a cabo exclusivamente en soporte
electrónico.

Os autores do glosario agardan que esta iniciativa da ETSE non quede aquí,
senón que en meses e anos vindeiros outros traballos semellantes poidan ver
a luz para favorecer o uso do galego en contextos técnicos. Segundo os seus
creadores, «agardamos que estes *Termos Esenciais* sexan un traballo
comentado, discutido, criticado, corrixido... Todo iso quererá dicir que é
utilizado, e só nese caso o tempo e os recursos dedicados á súa elaboración
pagarán a pena».

-- 
Unidade de Xestión da Innovación
Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS)
Universidade de Santiago de Compostela
Rúa Jenaro de la Fuente S/N. Campus Vida
Tlfs: 881816410 / 881816403citius....@usc.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a