Reenvio por se e de interês. Tiña intención de ir a presentación, pero coincidiume con outra ocupacion :(
O que a presenta foi profesor meu, se pensades que pode sair algo de interese de ahi, podo falar con el. Un saudo! -- Xabier Villar ---------- Mensaje reenviado ---------- De: "Unidade de Xestión da Innovación" <citius....@usc.es> Fecha: 14/03/2013 11:05 Asunto: Presentación: «Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de Computadores» Para: Ola a todos Hoxe, ás 12:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do CITIUS a presentación do *Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de Computadores* a cargo de Elisardo Antelo (Departamento de Electrónica e Computación) e Xusto Rodríguez (Servizo de Normalización Lingüística da USC). Agardamos vervos alí Saúdos Unidade de Xestión da Innovación citius....@usc.es _______________________________________________________________________________________________________ *Presentación*: «Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de Computadores» *Data*: 14 de Marzo de 2013 - 12:00 horas *Poñentes*: Elisardo Antelo - Xusto Rodríguez (Departamento de Electrónica e Computación da USC - Servizo de Normalización Lingüística da USC) *Lugar*: Salón de actos do CiTIUS *Descrición: * «Encamiñador» (*Router*), «Rañura da Cinta» (*Tape Slot*) ou «Topoloxía de Bolboreta» (*Butterfly Network*) son algúns dos exemplos galegos que figuran no novo *Glosario de Termos Esenciais de Arquitectura de Computadores*, elaborado polo profesor Elisardo Antelo Suárez, do Departamento de Electrónica e Computación, e Xusto Alexandre Rodríguez Ríos, da Área de Terminoloxía - Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A presentación do traballo terá lugar este xoves, 14 de marzo, no salón de actos do CiTIUS. Amais dos autores, no relatorio estarán presentes o subdirector da ETSE, Francisco Omil, e Francisco Fernández Rivera, investigador do CiTIUS e director do Departamento de Electrónica e Computación. Todos eles falarán das achegas e vantaxes deste novo manual, que estará dispoñible *online*, de maneira gratuíta, na páxina web do SNL ( www.usc.es/snl). O proxecto xurdiu como resposta ás demandas da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE); dende hai tempo, esta comisión viña propoñendo a elaboración dun glosario «galego-español-inglés», que puidera ser utilizado nos distintos ámbitos de coñecemento implicados na docencia e na investigación do centro. O principal obxectivo deste glosario é ofrecer material de referencia que facilite o emprego do galego no ámbito académico, pero resultará tamén de grande utilidade para axudar á comprensión da bibliografía técnica que o alumnado debe manexar durante os seus estudos -escrita maioritariamente en inglés-. O volume trata de recoller a terminoloxía fundamental empregada no eido da arquitectura de computadores, aínda que dado o grao de innovación tecnolóxica deste sector, requirirá actualizacións e modificacións periódicas. A previsible frecuencia destas correccións (como incorporar e nomear as novas tecnoloxías que vaian agromando, suprimir algúns termos que perdan a súa vixencia, etc) foi a principal razón para desbotar a edición en papel. Debido o alto custe que esta supuña, e ás dificultades para ser revisada, finalmente a edición do libro levouse a cabo exclusivamente en soporte electrónico. Os autores do glosario agardan que esta iniciativa da ETSE non quede aquí, senón que en meses e anos vindeiros outros traballos semellantes poidan ver a luz para favorecer o uso do galego en contextos técnicos. Segundo os seus creadores, «agardamos que estes *Termos Esenciais* sexan un traballo comentado, discutido, criticado, corrixido... Todo iso quererá dicir que é utilizado, e só nese caso o tempo e os recursos dedicados á súa elaboración pagarán a pena». -- Unidade de Xestión da Innovación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) Universidade de Santiago de Compostela Rúa Jenaro de la Fuente S/N. Campus Vida Tlfs: 881816410 / 881816403citius....@usc.es
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@roldas.trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto