Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/12 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 [Sigo nun fío novo por non derivar a conversas sen relación co tema do asunto]
 Leandro dixit:
 É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase
 organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e
 discutimos todo isto??
 Vale, pero este xullo non podo por saturación de traballo, e en agosto
 estarei tamén a tope. Para setembro poderei alentar (con algo de
 sorte).

Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)

 E do que habería que discutir. podemos comezar por pensar en que
 valor engadido (vaia!, estou contaxiándome do léxico consultoril :-( )
 nos aportará ter entidade xurídica, e en que cousas que non teña o
 trasno actual queremos que teña, e non podamos ter agora, pero que
 puidéramos conseguir como asociación e non como francotiradores.
 Polo de agora a opción das que barallei que máis me encheu o ollo foi
 manter a páxina e servizos actuais do proxecto tal e como son,
 engadindo outro sitio web xunto a ela (sen funcionalidades duplicadas,
 claro), para as cousas novas: unha especie de traducionaogalego.eu
 coas cousas que queiramos. Co rexistro, aloxamento, programación e
 mantimento que nos podamos permitir.

 Neste senso coido que habería que ser sensatos e prantexar un comezo
 de mínimos, mirando que cousas hai feitas, e simplesmente fusilándoas.

 Referente aos servizos que poderíamos oferecer, pois nen flores. Nisto
 si que fai falla unha tormenta de ideas.

Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches, ou para ter
unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos permitan
organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
se concedan créditos de libre elección, ou algo así. Para outras
cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non teñamos...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa damufo



mvillarino escribiu:

[Sigo nun fío novo por non derivar a conversas sen relación co tema do asunto]
Leandro dixit:

É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase
organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e
discutimos todo isto??

Vale, pero este xullo non podo por saturación de traballo, e en agosto
estarei tamén a tope. Para setembro poderei alentar (con algo de
sorte).
E do que habería que discutir. podemos comezar por pensar en que
valor engadido (vaia!, estou contaxiándome do léxico consultoril :-( )
nos aportará ter entidade xurídica, e en que cousas que non teña o
trasno actual queremos que teña, e non podamos ter agora, pero que
puidéramos conseguir como asociación e non como francotiradores.
Polo de agora a opción das que barallei que máis me encheu o ollo foi
manter a páxina e servizos actuais do proxecto tal e como son,
engadindo outro sitio web xunto a ela (sen funcionalidades duplicadas,
claro), para as cousas novas: unha especie de traducionaogalego.eu
coas cousas que queiramos. Co rexistro, aloxamento, programación e
mantimento que nos podamos permitir.


No que é a programación e xestión da web penso que podo axudar.



Neste senso coido que habería que ser sensatos e prantexar un comezo
de mínimos, mirando que cousas hai feitas, e simplesmente fusilándoas.




Referente aos servizos que poderíamos oferecer, pois nen flores. Nisto
si que fai falla unha tormenta de ideas.




Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa mvillarino
 No que é a programación e xestión da web penso que podo axudar.
Xenial!


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa mvillarino
 Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)

O mau dos estudantes (e por extensión do profesorado e dos p.a.s.) é
que se ten a percepción de que o mundo é iso.

 Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
 poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,
Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven
foi a de gravar un vídeo dun escritorio onde un tradutor desenvolvese
unha sesión(*) de traballo, porlle unha liña de son explicativo, e
chamarlle ao resultado Curso de formación

(*)Sesión: iso que se fai entre que se arrinca o portatil para
traducir, e que se lle esgota a batería.

ou para ter unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos permitan
 organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
 se concedan créditos de libre elección, ou algo así.

é que para isto penso que podería liar á xente de galite, e facer un
obradoiro especializado na seguinte partyfoz que fagan... a custo de
estar nunha das esquinas do territorio. E se non á de galite, á de as
Pontes.

Aliás, eu tiña entendido que para o que queríades que se desen
créditos de libre conf era por traducir, non por impartir os
obradoiros.

Para outras cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non teñamos...
Iso haberá que ir pensándoo.


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/12 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)

 O mau dos estudantes (e por extensión do profesorado e dos p.a.s.) é
 que se ten a percepción de que o mundo é iso.

Moi boa. Non o conseguirás.

 Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
 poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,
 Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven
 foi a de gravar un vídeo dun escritorio onde un tradutor desenvolvese
 unha sesión(*) de traballo, porlle unha liña de son explicativo, e
 chamarlle ao resultado Curso de formación

 (*)Sesión: iso que se fai entre que se arrinca o portatil para
 traducir, e que se lle esgota a batería.

Pois eu si. Non fora aló cando o g11n?

ou para ter unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos 
permitan
 organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
 se concedan créditos de libre elección, ou algo así.

 é que para isto penso que podería liar á xente de galite, e facer un
 obradoiro especializado na seguinte partyfoz que fagan... a custo de
 estar nunha das esquinas do territorio. E se non á de galite, á de as
 Pontes.

 Aliás, eu tiña entendido que para o que queríades que se desen
 créditos de libre conf era por traducir, non por impartir os
 obradoiros.

Home, antes de poñer a xente a elo hailles que dar unha mínima
formación para que poidan desenvolver a tarefa. Para iso é o
obradoiro. Na parte do seu traballo non agardo que teñamos que
traballar nós tanto.

Para outras cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non 
teñamos...
 Iso haberá que ir pensándoo.

Certo.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa mvillarino
O Xoves 12 Xuño 2008 15:41, Leandro Regueiro escribiu:
  Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
  poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,
 
  Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven
[...]
 Pois eu si. Non fora aló cando o g11n?

Vaia! ...xa que logo hei de pensar que de tanto en tanto teño ideas boas!
-- 
Best regards,
MV


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa damufo



mvillarino escribiu:

O Xoves 12 Xuño 2008 15:41, Leandro Regueiro escribiu:

Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,

Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven

[...]
Pois eu si. Non fora aló cando o g11n?


Vaia! ...xa que logo hei de pensar que de tanto en tanto teño ideas boas!


Por suposto! es un fenómeno! non esperaba menos de ti.