Re: libxfcegui4 e lxtask

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
On Thu, Sep 11, 2008 at 2:04 PM, Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com wrote:
 Rematadas as localizacións da bi9blioteca de Xfce libxfcegui4 e do xestor
 de tarefas do proxecto LXDE lxtask

Se ides traducir partes de Xfce avisade antes, para que se traduza o
mesmo dúas veces.

A ver se arranxo o portatil dunha vez por todas e me poño en serio a traducir.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: libxfcegui4 e lxtask

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/16 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 De Xfce on temos previsto traducir nada máis que aquelas cousas que
 precisemos.

 Si te fixas nas traducións do libxfcegui4 o que fixemos foi localizar as
 novas liñas e axustar as difusas xa que na nosa distro saian algunhas
 cousasraras así que descargamos o .pot (mai-los es-po e gl-po) do svn do
 proxecto e actualizar a localización.

Dígoo porque hai uns meses intentamos botar a andar o equipo de
tradución de Xfce, e ainda que moito non se fixo, algo avanzouse, e
agora tiña pensado darlle un bo golpe. Non estou seguro, pero creo que
non tocamos ainda o libxfcegui. En todo caso hase revisar todo para
manter a coherencia interna dentro de todo Xfce.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: libxfcegui4 e lxtask

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/16 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 Nos levamos feito tamén o xfburn, que era o que realmente precisabamos e
 como probamos o lxtaskmanager que é derivado do xfce4-taskmanager e
 coinciden todas menos dúas ou tres liñas, depaso...

Perfecto, así reducimos a carga de traballo e traducimos máis.

 Como supoño que avisaredes por aquí, estaremos atentos e se acaso nos
 asignamos algún paquete.

Vale.

 Parece ser que o navegador Midori entra a formar parte do proxecto Xfce, o
 desenvolvedor é moi él e decide (na versión es) que Show a preview of the
 printed page se traduce por : Mostrar una vista de la página imprimido, e
 ponse el como tradutor... Ô_Ô.

Non é por nada, pero tócanme un pouco as pelotas os que fan iso.

Ata logo,
Leandro Regueiro