Boas, 

Acábase de anunciar a restruturación do proceso de desenvolvemento de KDE4. 
Enlace: http://techbase.kde.org/Schedules/KDE4/4.0_Release_Schedule

As razóns son, e doulle a razón a aseigo (presidente de honra de KDE, :) ) que 
a 4.0 será o COMEZO dunha revolución, e quen siga o desenvolvemento verá 
porqué, así que é importante facelo ben. A segunda é que importan máis as 
caracteristicas cos ciclos de lanzamento (e sinto bater de fronte cos señores 
de Gnome) e sendo KDE4 tan densa en novedades o mellor e adicarlle tempo 
antes de lanzala.De calquera xeito as grandes distros lanzarán pronto e non 
van incluír KDE4 por defecto ata despois do marzo do 2008 (véxase openSuse, 
Fedora, a infame (K)Ubuntu....) 

Supoño que poderemos vivir coa 3.5.7 uns mesiños máis inda que síntoo moito na 
alma que non vaia a haber unha versión 'estable' en Outubro coma estaba 
pensado; pero ten un lado bo. 


O caso é (e por iso escribo) que haberá máis tempo para preparar a versión que 
saia coa 4.0, de feito ata as RC (que comezarán o 21 de Novembro) se non me 
enghano. Son case tres meses completos. 

Supoño que a 'estratexía' (a parte de traducir todo o que se poida) é 
prestarlle atención a revisar partes clave coma a Base, Koffice (e niso estou 
eu) e algunha aplicación crítica coma Kontact, Kopete ou amarok. Non?. 

Responderlle a