Boas:
Na ultima xuntanza falouse sobre enter no sentido de escribir. Penso que non se falou/afondou abondo sobre o tema. Non teño claro que sexa a mellor tradución.

Poño un exemplo:
Inglés: Enter password for 'XX'
Spanish:Introducir contraseña para 'XX'
Portugués (Brasil): Digite a senha para 'XX'
Portugués: Introduza a palavra-passe de 'XX'
Galego?
Introduza contrasinal (clave, penso que sería máis correcto, pero por consistencia deixaría contrasinal) para 'XX'

Eu penso que o que mellor acae é introduza ou insira porque pode que teñamos a posibilidade de pegala ou ou outras. Realmente se a escribimos pegamos ou incluso ditamos a traveso dalgún programa de recoñecemento de voz, penso que non é relevante, o importante é que en dito recadro se poña (introduza/insira) a clave.
Opinións?





_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a