> ** desenvolvemento de engadidos para ferramenta CAT [any]
> ** [anything in your app @_'s features wishlist ]


Project: Integracion de pology con Lokalize para incorporar a esta
ferramenta de TAO capacidades de QA

Brief explanation: Integrar dentro de Lokalize determinadas utilidades
do pology (verificación da ortografía, gramatica, regras e outras) de
xeito que se poidan utilizar sen ir á liña de ordes.

Expected results:
Agárdase que o lokalize se comporte como cliente do pology.
Agárdase que o usuario poida executar e obter resultados da
comprobación de regras tanto a xeito de resumo desde a lapela do
proxecto como no momento de cambiar o estado da unidade de tradución.
Agárdase que o usuario poida modificar calquera ficheiro de datos
utilizado directamente polo script ou hook do pology que estexa a
utilizar.
Agárdase que o usuario poida crear e editar os ficheiros de dicionario
especializado que considere oportuno mediante unha gui que ofreza o
lokalize. A comprobación ortográfica utilizará estes dicionarios tanto
se é executada desde un menú como se a executa ao vivo.
As indicacións do tradutor que afectan o comportamente destes hooks (#
|, no-check-spell e # well-spelled:) deben poder inserirse desde a
xanela de edición do ficheiro.
Agárdase que o usuario poida aplicar a comprobación de regras mediante
o hook check-rules, configurando calquera parámetro deste hook. Esta
comprobación poderá executarse de dous xeitos:
  a) Mediante a lapela do proxecto, onde se aplicará a un só ficheiro
ou cartafol, abríndose no segundo plano os ficheiros
  b) Ao vivo, durante a edición da UT, neste caso, no caso de saltar
regras, antes de pasar a outra UT deberá notificar o usuario indicando
que regras non se satisfan, e ofrecendo a opción de engadir o
indicador de omisión de regras (# skip-rule: regra1, regra2) ou de
editar a regra.
Agárdase que o usuario poida aplicar a comprobación gramatical
mediante o hook check-grammar.
Agárdase que o usuario poida aplicar a comprobación de validez segundo
os criterios do proxecto (vale, na actualidade só hai para kde e para
o wesnoth).


Project: Mellora no pology engadíndolle un hook check-spell-hunspell
Brief explanation: Creación dun hook que empregue hunspell para a
corrección ortográfica
Expected results
Agárdase que se cree un hook para o pology que empregue o hunspell
como motor de corrección ortográfica permitindo empregar dicionarios
especializados no formato do hunspell, co que se pode incluir
información de afixos nel (aforrando moita extensión e facendo máis
completos os dicionarios)

Project: Mellora das regras para a lingua galega do LanguageTool
Brief explanation: Mellora da segmentación e engadido de máis regras.
Expected results:
Agárdase obter un sistema de corrección gramatical baseado no
LanguageTool cunha cantidade e amplitude de regras semellante ao
Golfiño e mellorar a segmentación en oracións que se fai na
actualidade para o idioma galeno no LT (fai falla para mellorar a
calidade dos resultados)

> Logo xa seleccionaremos o que podemos titorizar ou non, e ao que lle podemos
> buscar titor externo ou non.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a