2012/6/17 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Nas semanas pasadas estiven revisando a tradución completa do Scribus (máis
> de 6000 cadeas), que había varios anos que non tocaba. Foi todo un exercicio
> de Tradución: non había apenas erros tipográficos pero tiven que modificar
> moitas cadeas feitas por diferentes motivos. Nuns casos, foron os numerosos
> acordos terminolóxicos aos que se chegou nestes anos, noutros traducións que
> coa distancia aparecían forzados e para os que agora temos traducións moito
> máis acaídas. Pero o cambio único que máis tempo me levou, e con diferenza,
> foi o das maiúsculas. Lembrades aquela época na que os termos importantes
> ían en maiúsculas (tipo o asunto desta mensaxe)? Pois tiven que ir, un a un,
> pasándoos a minúsculas. Naquela altura, a decisión tomáramola con certa
> prevención, mais aos poucos foron outros idiomas quen nos foron seguindo e
> hoxe, asegúrovolo (6000+ cadeas) resulta anti-natural. Ao que vou: os
> acordos terminolóxicos, ortográficos, estilísticos, etc. que imos tomando
> van contribuíndo, paseniño, a crear un modelo de lingua máis «aquelado» e
> que permite realizar traducións máis rapidamente e ofrecer un produto final
> mellor.
>
> Xosé

Cando remates poderías crear unha memoria de tradución en formato TMX
para pendurar en http://www.trasno.net/trasno:memorias ?

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a