Ola, 

Non sei se me presentei xa nalgunha ocasión. Por se acaso...

Bos días, son Xusto Rodríguez e traballo como técnico de normalización lgtca. 
no SNL da USC.

En relación á cuestión... hai algunha razón para evitar o "marca de 
verificación" (EN: check mark) que se emprega tanto nas localizacións se 
software Windows, como noutras que están no Corpus de Mancomún?

E para o "X mark" ou "ballot X" habería buscar unha denominación en paralelo. 
"X de verificación"? "X de selección"?

 
Xusto A. Rodríguez
SNL da USC
 

  _____  

De: Miguel Bouzada [mailto:mbouz...@gmail.com] 
Enviado el: domingo, 21 de outubro de 2012 15:26
Para: proxecto@trasno.net
Asunto: Re: [teminoloxia] tick = carracha


a miña idea: en ambos casos é «marcar»
se no contexto da frase non abonda con marcar
 - Marcar [para facer|aceptar]
 - Marcar [para rexeitar|non facer]


2012/10/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>


Convíña darlle un nome estable a este símbolo e analizar o problema de
"localización"

✓
☑

En inglés parece ser que lle chaman tick (carracha) pero en inglés
americano chámanlle check mark. Todos sabemos que se utiliza en
software como marca para "si" ou "comprobado". Ten un complementario,
oposto, a cruz, ou x mark en inglés.

☒ ✗, ✘,


Na nosa tradición, ese tipo de marcas confirmatorias sobre unha lista
eran/son máis ben unha cruz (Poña unha cruz sobre a resposta
correcta). Xustamente o contrario do que significa en localización de
software. Mentres que as marcas de "incorrección" son/eran unha raia
simple.

Como lle chamamos a ambos os dous símbolos?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto





-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a