Eu de candidato nada. Adiante compañeiros! :)

2012/11/18 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>

> Ola.
>
> Xa o deixei caer hoxe a tarde nunha mensaxe na lista do equipo galego
> de localización de Mozilla. Non me chega o tempo para atender Mozilla
> en condicións e tampouco conseguín facer o que pretendía, que era
> saber como funcionaba e conseguir argallar un método de traballo no
> que todo o puidera colaborar e que fora fácil de xestionar polo
> coordinador.
>
> O tempo non dá para máis. Teño Mozilla moi abandoado, vou a trancas e
> barrancas, e así non pode ser. Nin para a xente que queira colaborar
> nin para sacar os produtos ben localizados ao galego e a tempo. Fai
> case tres anos que me puxen a isto e pola forma na que o xestiono, só
> traballo eu, e ten que ser culpa miña. Hoxe cando fun a
> galician.mozdev, decateime de que ía facer tres meses que non se
> enviaba un correo a lista. Vedes, existe un problema, e ten quer co
> coordinador, que non coordina e para iso está.
>
> Espero que en Trasno, se presenta algún voluntario na lista de
> Mozilla. Ou se teño sorte, presentarase algún da lista do equipo.
> Seguro que hai alguén que quere dar un paso adiante.
>
> Saúdos.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a