Olá:

Quedan dúas semanas para que se publique o KDE SC 4.10 e, tras remitir
todas as traducións que me fostes facendo chegar (agás erro ou
omisión), o estado non está nada mal, cun 82% (*) do total das
traducións completas, e destas constame que unha parte grande
revisadas para axustarse aos acordos das trasnadas (**).

Chegados aquí, é o momento de facer unha chamada aos colaboradores que
estamos a traducir este escritorio para facer un pequeno sprint e
conseguir mellorar estes resultados.

Hai varios módulos próximos ao 100%, que cun pequeno esforzo poden
completarse, a saber:

extragear-graphics     96% (-380)
extragear-multimedia 96% (-330)
kde-baseapps           87% (Para min)
kdeaccessibility        87% (-80)
kdeedu                    98% (-450)
kdegames                97%(-130)
kdegraphics             94% (-150)
kdenetwork              95% (-250)
kdepimlibs               93% (-200)

Como vedes son todos módulos que cun ou dous días de traballo poden completarse.

Como o vedes?



(*) Lonxe do 98% desa popular distribución que xa non é a nena bonita
e do 100% desoutro escritorio moi popular que tamén está daquela
maneira ultimamente, .....pero como na versión final non está o
playground é de agardar que se acade unha cifra final da orde do 89%.

(**) Cónstame que hai dous erros nas regras e non estou certo de que
se metesen os acordos da última. Respecto dos erros estou pendente de
que un que me sei eu mande un parche e do outro pois a verdade é que
non teño unha lista dos acordos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a