Ola, son Ignacio Agulló, tradutor ao galego de AWStats e SquirrelMail.  
Quería contactar coa xente de Trasno, pero como no sitio web non hai ningún 
enderezo de correo electrónico, non me quedou máis remedio que publicar 
nesta lista de correo.

Estiven traballando nun documento que recolle as miñas experiencias con 
informática multilingüe en centros de traballo de Galicia.  Chámase 
"Sistemas informáticos multilingües con galego e español", está en galego, 
e o licenzo baixo licenza Creative Commons NC-BY-SA.  O estudo está 
dispoñible en formato PDF, e mide 10 Megaoctetos.  Agora soamente falta o 
derradeiro paso: publicalo para darlle toda a visibilidade posible.  Espero 
que o tema sexa do voso interese.  Contactade comigo no enderezo de correo 
agu...@ati.es.

P.S. Mirei na páxina de ligazóns do sitio web de proxecto trasno, e a 
ligazón de "Galicia 21" leva a un sitio baleiro, un "placeholder".  
Investigando en Google atopei sitios web de Galicia 21, pero un sen 
actualizar dende 2006 e outro dende 2002.

------------------------------------------------------------------------
Ignacio Agulló · www.agullo.tk

Responderlle a