Ola a todos.

Gustaríame unirme a vos para traducir diversos programas de KDE ó galego. Como 
non tiña nin idea de qué facer primeiro, lin a páxina de axuda. Segundo
ésta:

"Algúns autores e propietarios do Copyright dos programas piden que cumpras
algunhas condicións para acepta-las túas traduccións. Por exemplo, a Free
Software Foundation (FSF) esixe que o Copyright da traducción sexa cedido a
ela. O mesmo pasa con algunhas distribucións de Linux. No resto dos casos, o
Copyright pode pertencer ao autor da traducción."

¿Inclúe iso a programas de KDE en xeral ou depende do autor en concreto do
programa, ou se cadra non ten nada que ver? De tódalas formas, o enlace que
dades a http://www.trasno.net/axuda/disclaim.txt está roto e non podo ve-lo
"Translation Disclaimer" ese.

Gustaríame comezar a axudar traducindo algúns proxectos novos como poderían 
ser Kexi ou Konserve. ¿Alguén sabe se son traducibles?

Moitas gracias.

Saúdos.

Attachment: pgpoTOzeg3fs2.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a