Re: Boas

2005-06-23 Conversa Xabi G. Feal
Seica lle enviaches os ficheiros a Albert Astals Cid (supoño tradutor catalán) . Os ficheiros unha vez traducidos tesmos que mandar a min, que son o coordinador da tradución ao galego de KDE. Deduzo que sabes por onde comezar ¿non si?. Deicalogo e gracias polo teu interese. Son un tradutor

Re: Boas

2005-06-23 Conversa Xabi G. Feal
Un pouco si que sei como se fai. Que che parece se sigo por os pot indicados na tábua de http://i18n.kde.org/stats/doc/trunk/gl/kdelibs/index.php, na mesma orde na que están?. Como vexas, por min ben. Abur. ___ Trasno mailing list

Re: sobre o Translation Disclaimer

2005-09-23 Conversa Xabi G. Feal
Ben, xa estou online de novo, sinto ter vacacións (non por min). O ficheiro tesmo que mandar sen compilar. Pódelo compilar ti para uso persoal ou para probas, pero podes agardar á nova release mellor. A sintaxe está ben é msgid text msgtr tradución. Nembragantes, é mellor usar KBabel ou

Re: Sobre OpenOffice e o CESGA - Ler por favor.

2005-09-28 Conversa Xabi G. Feal
adxudicatarios deben estar presentes no Cesga na apertura do sobre no que vai a súa proposta, o chamado contrato de palabra. El Martes 27 Septiembre 2005 23:00, Xabi G. Feal escribió: Acabo de ler a nova no sitio do GLUG, máis que nada sorprendeume e reforzou o meu descoñecemento no tema das

Re: Sobre OpenOffice e o CESGA - Ler por favor.

2005-09-28 Conversa Xabi G. Feal
Pois aínda me parece peor o dos 104.000 por elaborar un informe sobre a penetración do software libre na sociedade galega. Pouco máis haberá que contar que no caso da penetración dos tintes rubios entre a poboación de nepal (xa sei que esaxero). O Martes 27 Setembro 2005 23:00, Xabi G. Feal

Re: Sobre OpenOffice e o CESGA - Ler por favor.

2005-09-28 Conversa Xabi G. Feal
Cómo non vou pensar que está amañado, tratándose de 1.000 euros? Entre tódolos concursos que hai na páxina do CESGA podo ver que a maioría son de equipamento informático e de reparacións e albañilería. Mais logo atopo outros dous concursos relacionados co sw libre, un de

-- Anuncio -- Ler por favor.

2005-09-28 Conversa Xabi G. Feal
Quería facer pública unha información relativa a Trasno e as propostas de tradución que se veñen facendo nos últimos meses, tanto a Trasno coma a empresas coma o concurso do que falabamos noutros correos: 1)Tras facer un par de consultas na rede, descubrín que Roberto Brenlla

Re: -- Anuncio -- Ler por favor.

2005-09-29 Conversa Xabi G. Feal
. Así que tampouco me esperaba que houbese resposta dende Fene, pois non ten moita relación co concurso do CESGA. Un saúdo a todo o mundo e disculpade que non poida responder réplicas por non estar na lista. -- Carlos Neira Cortizas http://www.cidadania.coop 2005/9/28, Xabi G. Feal xab

Re: sobre o translation disclaimer

2005-12-03 Conversa Xabi G. Feal
Non teño nin idea. O lóxico sería envialo ao novo enderezo. Mais, o máis lóxico é pensar que se nin sequera anovaron o enderezo no translation disclaimer significa que teñen o proxecto cheo de pó e non lle fan (nin eles nin os demáis) moito caso. Ola de novo. Estívenlle botando un ollo ó

Re: Cousas de kde

2005-12-18 Conversa Xabi G. Feal
Pero ti que fas á unha da manhá dereito? Resposta rápida: son estudiante ;). Como os prefires, amais de comprimidos tar.bz2, tal como son, ou como diff con respeito ao repositório? Eu caseque preferiria facé-lo como diff. Como vexas ti, dame igual. Ah, respeito do reemprazamento en

Re: shutdown -r now

2006-01-27 Conversa Xabi G. Feal
Tamén quero traducir programas que non está a traducir ningún grupo (Firefox, Thunderbird e OOo nestes intres) pero en canto saiba de alguén que quera facer este traballo, pásoo. Eu recoméndoche que non te molestes en traducir OpenOffice. Xa o está a facer unha ONG.

Sobre esadísticas por se interesa

2006-02-18 Conversa Xabi G. Feal
En kde anovaron o subportal l10n.kde.org (antes i18n.kde.org) e implementaron ou están a implementar un sistema máis doado de estadísticas e cousas polo estilo: http://l10n.kde.org/news.php?id=12 Publicaron os tarballs, non sei se implementaron tamén a asignación de tradutores, mais sei que o

Xa existimos

2006-05-30 Conversa Xabi G. Feal
Segundo se amosa en mancomun.org, e imaxino como consecuencia dalgunha nova aparecida na rede sobre o incríbel esquecemento (para nada malintencionado) de poñer unha nota sobre Trasno (xa non digo tratar connosco) na nova páxina-proxecto que pretende coordinar as políticas necesarias para

Re: Xa existimos

2006-06-01 Conversa Xabi G. Feal
Por certo, que formas de colaboración con Trasno e outros grupos de traducción vos parece que deberían de seguir para obter máis softaware libre en galego. Paradoxa: a Xunta se interesa polo tema, e non se lle ocorre nada mellor que non falar cos que traballaban desinteresadamente senón

Re: Xa existimos

2006-06-02 Conversa Xabi G. Feal
Evidentement, obvio dicir que os cataláns, para variar, fan as cousas ben ;)) Estiven a piques de poñelo, pero dixen, vah, xa se sobreentende que mancomun non lle fai sombra, nin en principios nin en valores. Hehehe, e a comparación entre softcatalà e mancomun é curiosa :) Non hai máis

Re: Xa existimos

2006-06-02 Conversa Xabi G. Feal
Trasno é unha páxina informativa (axudas, estatísticas, cordinadores) e un conxunto de ferramentas web (lista, correos ...). Ben, se agora se pretende facer estupidamente unha distinción entre páxina web (ente informático) e responsabeis directos (persoal detrás) evidentemente os méritos os

Re: Xa existimos

2006-06-02 Conversa Xabi G. Feal
Eu son profesor, preparo material docente que coloco nun web a disposicion dos meus alumnos e de que chegue por alí e queira usalo. A pesar diso os meus alumnos criticanme cousas, incluso dese material. ¿Debo supoñer que non me agradecen o material e o meu traballo? Non confundas berzas con

Re: Unha dúvida

2006-06-02 Conversa Xabi G. Feal
On 6/1/06, mvillarino mvillar...@gmail.com wrote: Imos ver: XGF está en exames, Leandro Regueiro ten que rematar unhas práticas (lin-no na última mensaxe) Xabier Villar está en exames... a pergunta é: Que idade tedes? Eu estou en 3º de Físicas. Así que me podes pór 20 ou 21 anos

Re: Axuda cos compendios de PO

2006-06-07 Conversa Xabi G. Feal
Mira o resultado que che dá o msgcat no compendio.po, a ver se está ben. Pero creo que a opción é msgcat -f listaficheiros.txt -o compendio.po, ou con -D cartafol no canto de -f para procurar polos ficheiros dentro do cartafol indicado. O que creo que che vai dar problemas igual é o KBabel.

Re: Unhas dúbidas

2006-06-12 Conversa Xabi G. Feal
Home, BOOL2INT queda ben así (a xente que use transformación boolean-integer sabe qué é). Se hai descrición podes pór Binaria a enteira ou Lóxica a enteira. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es

Re: é posible unha reunión?

2006-06-20 Conversa Xabi G. Feal
Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen problemas tampouco). Segundo se desprende do correo, existen ánimos (agardo non cínicos) de enmendar a desatención e corrixir os erros. Creo que

Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-21 Conversa Xabi G. Feal
O Martes 20 Xuño 2006 18:34, José Ramom Flores d'as Seixas escribiu: Algunhas cuestións: Se ben é certo que ninguén morreu por desconfiado, ou iso din, nen sempre acerta quen pensa mal. Lembremos por exemplo como no affaire OpenOffice se levantaron suspeitas contra Roberto Brenlla e Agnix,

Re: é posible unha reunión?

2006-06-22 Conversa Xabi G. Feal
Ben, entón póñase primeiro a data Semana do 26-2 Semana do 3-9 Semana do 10-16 Xa discutiremos logo se cabemos ou non cabemos todos (eu coido que non haberá problema). ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es

Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa Xabi G. Feal
Eu non teño tp moi claro o ciclo de vida dunha traducción: Hai quen o manda ó upstream, hai quen o manda ó mantainer de debian, outros traballan con launchpad de Ubuntu. E isto só pasa con Ubuntu? De quen é a xenial idea de mandar a tradución á distribución e non aos autores do programa?

Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa Xabi G. Feal
A idea é ter un mecanismo simple de usar, moi accesible, que fomente a colaboración, rápido para traducir aplicacións. É moito máis fácil traducir todo nunha páxina centralizada que andar a baixar o fonte, traducir o .po... Creo q o logran, aínda q ás veces te perdes dentro de launchpad.

Re: Ubuntu

2006-06-14 Conversa Xabi G. Feal
Entendo entón que co sistema de Ubuntu os responsabeis desta distribución só se preocupan de introducilo nela e deixan aos equipos de tradución que reenvíen as traducións paralelamente aos respositorios correspondentes. Pois entón fai falla máis coordinación ou vamos a traballar algo máis da

Re: Ubuntu

2006-06-14 Conversa Xabi G. Feal
Non sei se é só percepción miña, pero noto certa hostilidade contra Rosetta/Ubuntu. Non home, nin de lonxe, síntoo se o semella. Só certa hostilidade cara os de Ubuntu por facer as cousas a medias ;). De seguro que é un sistema moi práctico para facer as traducións puntualmente e moito máis

Re: Ubuntu

2006-06-14 Conversa Xabi G. Feal
Enmendo, si aparecen todas as nosas traducións. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Duas dúvidas relativas á distribuizón Guassiana

2006-06-15 Conversa Xabi G. Feal
Home, pois por kurtosis poría curtose (coeficiente de curtose) se é que se refire a iso. Para skewness tense o coeficiente de asimetría de Fisher (creo lembrar) polo que poría asimetría. Asimetría negativa ou á esquerda se a póla poboada é a esquerda e asimetría positiva ou á dereita. De feito

Re: A reunión

2006-06-26 Conversa Xabi G. Feal
Iso. Como ninguén propoñe, e M.Villarino prefire a fin de semana, ¿que tal vos viría un sábado, por exemplo o 8 de Xullo? Pode alguén confirmar-me a data, hora e lugar onde será? ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es

Re: A reunión

2006-06-27 Conversa Xabi G. Feal
Váleme. En Santiago está ben. Pola miña parte, podería ser o sábado 15 de xullo ás 11:00, si queredes podo encargarme eu de buscar un local no Campus Sur da USC. Unha aperta, Antonio. Xabier Villar wrote: 2006/6/26, Xabi G. Feal xab...@gmx.net mailto:xab...@gmx.net: Iso. Como

Re: A reunión

2006-07-08 Conversa Xabi G. Feal
Apúntome. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: A reunión

2006-07-12 Conversa Xabi G. Feal
Daniel, é un edificio moi grande, gris-marrón, ao final do campus sur, en sentido contrario á alameda; vése ao lonxe dende alí, destacando. O típico é dicir, nestes casos: non hai perda. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es

Re: A reunión

2006-07-13 Conversa Xabi G. Feal
É cedo de abondo para falar de propostas concretas de Trasno á Xunta, xa que polo indicado por Pérez Casas semella que vai servir de introdución e aclaración de posicións (por exemplo, non se lle podería esixir nada á Xunta se non existe disposición sequera de que queira colaborar nun proxecto

Re: Palabra

2006-07-08 Conversa Xabi G. Feal
xa aceptados, que ao fin e ao cabo, a batalla de Elviña perdérona os ingleses ;). Quoting Jacobo Tarrio (jtar...@trasno.net): El jueves, 6 de julio de 2006 a las 11:24:27 +0200, Xabi G. Feal escribía: Algunha suxerencia para traducir groupware? Déixoo sen traducir, mellor? Mellor

Re: Traducción de KDevelop

2006-07-10 Conversa Xabi G. Feal
Se por Villarino non hai problema, cólleo. Por outra banda, prefiro que por agora me mandes os ficheiros e xa os subirei eu. Boas: Quería unirme ó equipo de traducción a galego de KDE, e estiven mirando os paquetes sen traducir, e gustaríame comezar por traducir KDevelop (a pesar de ser un

Re: Glosario e lista de proxectos traducidos

2006-07-14 Conversa Xabi G. Feal
** Ferramentas de tradución - Xa tiña pensado en facer algún programiña en C++ ou C para automaticamente adaptar as traducións á derradeira normativa. Son cousas que fago co KBabel cando toco algún ficheiro antigo (mudar *ble por *bel, quitar os sin embargos, os grupos cc, etc.) pero que non

Re: Glosario e lista de proxectos traducidos

2006-07-14 Conversa Xabi G. Feal
Tamén esquecía que a nova páxina xa está case lista; é un wiki e só resta facer a mudanza (se cadra facer algún guión para as estatísticas, segundo as esixencias dos grupos). ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es

Resultados da reunión

2006-07-17 Conversa Xabi G. Feal
Fixen este pequeno resumo do falado na reunión entre A.Pérez Casas e algúns dos que asistimos dende Trasno. Imaxino que faltan cousas e algunhas outras non entran nunha información imparcial, pero as dúas ou tres opinións persoais que hai adoitan estar ben localizadas). Agradécense ampliacións

Re: Resultados da reunión

2006-07-17 Conversa Xabi G. Feal
O de Rosseta é doado zanxalo: -Non hai control de calidade (mínimo) : precisariase un sistema de permisos e usuarios. Logo ao final, personalízase a tradución e estamos no caso no que resulta máis doado usar aplicacións de verdade: kbabel, catalogmanager, svn, cvs, gtranslator,

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Xabi G. Feal
a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me avisarán. Non che

Re: T en BP

2006-07-23 Conversa Xabi G. Feal
Oes, Marce, ¿sabes que susto levei cando vin a un tal Xabier García Feal na páxina principal de KDE? Non vira esta de barrapunto, non paga a pena ler todo o fío de comentarios. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es

Re: Axuda con shell e regexp

2006-07-27 Conversa Xabi G. Feal
Xa estaban xuntas, pero era como dis cousa do sed -e, que tiña que pór -i. Agora xa funciona, pero aínda así estoume a dar de conta que non me vale a instrucción, pois omite as cadeas que aínda non comezando por msgstr están dentro do msgstr (despois del, entre ) Tentei con

Re: Axuda con shell e regexp

2006-07-27 Conversa Xabi G. Feal
Autocorríxome, sobraba o segundo msgstr. Xa funciona todo ben. Gracias Jesús. Xa estaban xuntas, pero era como dis cousa do sed -e, que tiña que pór -i. Agora xa funciona, pero aínda así estoume a dar de conta que non me vale a instrucción, pois omite as cadeas que aínda non comezando por

Re: Normativizador

2006-07-31 Conversa Xabi G. Feal
Non pasa nada, non custou esforzo. Ademais semella que o transpo aínda non o fixeron, xa que non publicaron ningunha versión polo de agora. O Xoves, 27 de Xullo de 2006 14:39, Xabi G. Feal escribiu: Paga a pena sobretodo personalizalo para os erros propios que teña cada un nas traducións

Re: Normativizador

2006-07-31 Conversa Xabi G. Feal
Xá o está. Só ten un defeito grave: as aspas (\) pasa-as a (\ ), polo que hai tras transliterar, hai que facer un msgfmt para ver onde casca o ficheiro, e correxi-lo. Pois está de carallo a ferramenta, non poden corrixir o erro? Porque eu fixen o meu pensando na rapidez e automatización

Re: Normativizador

2006-08-01 Conversa Xabi G. Feal
Hai que facer o que pon en INSTRUZÓNS? O Luns, 31 de Xullo de 2006 11:19, Xabi G. Feal escribiu: Xá o está. Só ten un defeito grave: as aspas (\) pasa-as a (\ ), polo que hai tras transliterar, hai que facer un msgfmt para ver onde casca o ficheiro, e correxi-lo. Vale, o

Re: Normativizador

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
, Leandro Regueiro On 8/1/06, mvillarino mvillar...@gmail.com wrote: O Martes, 1 de Agosto de 2006 11:37, Xabi G. Feal escribiu: Hai que facer o que pon en INSTRUZÓNS? Claro. -- Best Regards MV Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E

Re: Normativizador

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Por certo, están ambos adaptados á sintaxe gettext ou son versión orixinal para texto en limpo? ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Normativizador

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Poden os membros esquerdos (e direitos) estar compostor por várias palabras?. Si, usa o operador \s como separador. Ten\sa\scerteza Tiene\sla\scerteza A pergunta ven motivada porque o que ven a facer é o mesmo que o transpo: remprazar cadea_para_concordar condea_de_substituición,

Re: Normativizador

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Búscase experto en expresións regulares para resolver o principal erro do normativizador. -Se a palabra a normativizar (ou o morfema) ten un operador como os que usan en KDE (por exemplo, consellería), ¿que se pode facer para que omita estes operadores e polo tanto tamén normativicen os termos

Re: Normativizador

2006-08-04 Conversa Xabi G. Feal
A ver, algoritmo falado: 1)Normativizar primeiro sen ter en conta os marcadores. 2)Determinar se se traballa con ou con ~ 3)Procurar todos os atallos e polo tanto todas as palabras con atallo (uso un contador n) 4)Declaro un vector de dimensión n e nos seus elementos concateno todas estas

Re: Normativizador

2006-08-04 Conversa Xabi G. Feal
Logo hai outro problema, para mudar de codificación, ás veces o msgconv erra e non se sabe a causa. Só pon Conversio Failure e punto: din pola rede que o fai se o ficheiro é moi grande porque sobrepasa o buffer. No seu lugar, non hai problema ningún se usas kwrite ou algo así. Gardas o

Re: Firefox 1.5 en galego (beta 1)

2006-07-31 Conversa Xabi G. Feal
O Luns 31 Xullo 2006 13:30, Leandro Regueiro escribiu: por outra parte ten máis xeito, análise - analisar Uf, sábese que o da lingua non é todo lóxica nin xeito. De feito, usando ese razoamento, en castelán seria tamén analisar (análisis-analisar).

Re: Firefox 1.5 en galego (beta 1)

2006-07-31 Conversa Xabi G. Feal
Gracias, Jacobo. Sobre o de se Trasno lerias, se Galicia nación e blanco e negro, estamos no de sempre. No sw libre as únicas oficialidades son os propios autores dos programas. Co que o proxecto oficial de tradución de X é o que se subordina aos autores de X. Trasno só é agrupamento

Re: Firefox 1.5 en galego (beta 1)

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Aquí a xente anda un pouco nas berzas. Que alguén se poña de coordinador e verifique, dándose de baixa ao mes seguinte, que os de mozilla son un pouco intransixentes (non estou posto no tema). Pero mentres que tente subir a tradución de Jacobo ou a de mengano por ver se vale de algo.

Re: Firefox 1.5 en galego (beta 1)

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
¿É establecer? Se usas as formas en *bel no canto de *ble, estabelecer (que provén de estábel) é estabelecer. Se usas estable, entón é establecer. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Mensaxe de confirmación do rexitro en Trasno.net

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Primeiro paga a pena debatir, para que perda a opinión favorábel me imaxino, se se ha de poñer un transliterador portugués-galego na páxina dun grupo de tradución que se supón fai as cousas co rigor que esixen os proxectos grandes: traducir ao galego dende a versión orixinal. O Mércores,

Re: Mensaxe de confirmación do rexitro en Trasno.net

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Argumentos a favor: -Non é obrigado usá-lo. Entón de poñelo facer unha recomendación sobre un posíbel uso benintencionado (moi auxiliar) -Foi (e é) usado como ferramenta por algún dos membros. Tamén segue habendo asasinatos e non se pode recomendar asasinar... -Se non se admite debido a

Re: sobre o wiki

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Pois como se fose un disco duro, ou lle mudas o nome ou borras (sobrescribes) o ficheiro antigo. Ola, onte mentres subía unhas capturas de pantalla deume por intentar subir unha captura co mesmo nome doutra que xa existía. Non me deixou. Isto faime preguntarme, e preguntarvos, como facemos

Kartouche

2006-08-03 Conversa Xabi G. Feal
Pois outra ferramenta de tradución por web: http://l10n.kde.org/tools/kartouche/ http://l10n.kde.org/tools/kartouche/img/shot1.png Pode que xa o nomeara alguén con anterioridade? ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es

Humor, para desconxestionar.

2006-08-05 Conversa Xabi G. Feal
En KDE: Incribelmente, estamos no posto 21, por riba dos chinos. E iso que hai tantos en China ... Estamos logo a traballar como chinos ou máis ;). Só queda un 2% para adiantar aos cataláns (os bascos xa son historia). ___ Trasno mailing list

Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-09 Conversa Xabi G. Feal
clockwise Ou dextróxiro counterclokwise Ou levóxiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: debate sobre novas incorporacións ó glosario

2006-08-10 Conversa Xabi G. Feal
Usas esas palabras normalmente? Eu si, cousas da adicación :). Pero pode que fóra da literatura científica non sexa moi común. Vós veredes. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: RC1 da tradución de firefox 1.5

2006-08-11 Conversa Xabi G. Feal
É preferencia. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Elevar mensaxe a ferramentas_e_estratexias.

2006-08-10 Conversa Xabi G. Feal
Nota: isto, se para entón o essential acada unha % de abondo. Evidentemente. O essential son 4 ficheiros e con 3 ben chega. Na 3.5 colou, e na 4 vai pasar o mesmo. Ademáis, de aquí a ata ese día pódese completar o essential de sobras (kdelibs.po é o derradeiro). Ben, o da cualificación

Re: tradución de kdegames

2006-08-10 Conversa Xabi G. Feal
Sen problema. Se hai alguén en desacordo que fale agora ou cale para sempre. O Xoves 10 Agosto 2006 18:26, Iván Seoane escribiu: Boas a todos: Queríame pór a traducir algo do KDE, e estiven mirando que traduce cada quen na páxina de trasno e como non hai ninguén a traduci-lo paquete

Re: tradución de kdegames

2006-08-10 Conversa Xabi G. Feal
O Xoves 10 Agosto 2006 21:09, Leandro Regueiro escribiu: Ola, eu estou en desacordo pero non me opoño sempre que traballe xa ;-) Aí debe estar boa parte do pouco que traducin en KDE. Quero ver subir esas estatísticas. kdegames é unhas das partes, que en porcentaxe, menos ten traducido. Home

Re: discutir mais termos

2006-08-18 Conversa Xabi G. Feal
Ola, randomize (verbo) Pode ser desordenar? Existe aleatorizar? o efecto de escalar (cambiar as dimensións dunha cousa) é escala? Redimensionar, por exemplo, imaxino se atopa na misma situación. Pero escala si existe no dicionario co signficado de proporción entre distancias no mapa

Re: keepassx

2006-08-16 Conversa Xabi G. Feal
¿Queres ter un ftp galaico de onde descargar a tradución de calquera programa? ¿Cres que iso é útil? Se teño que descargar a galeguización de cada programa que instalo prefiro deixalo en inglés. Os de keepassx incluirán a tradución, se son xente normal.

Re: keepassx

2006-08-16 Conversa Xabi G. Feal
O Mércores 16 Agosto 2006 12:27, mvillarino escribiu: Ou estades de coña ou non sei se falta lucidez pola miña parte. - Distínguese entre aplicacións de xente normal que inclúen as traducións que se lles envíen e traducións de programas malévolos que non queren localización (polo motivo que

Re: Kbabel en galego

2006-08-31 Conversa Xabi G. Feal
Instala o paquete kde-i18n-gl e logo tenta estabelecer ben as variabeis correspondentes (LC_MESSAGES LC_ALL) que imaxino xa están ben postas. O Luns 28 Agosto 2006 11:57, Daniel Muñiz Fontoira escribiu: Ola! Teño ubuntu dapper e instalei o kbabel e está en english Gostaríame saber como

Re: Que motor de correción ortográfica usa o Firefox ou o ThunderBird?

2006-11-01 Conversa Xabi G. Feal
Por certo, alguén se lle ocorreu botar-lle unha ollada aos miolos dicionário galego de Hunspell?, (o que saiu co OpenOffice traducido). Na miña opinión, se cadra pouco fiábel por ser da competensia, é que os autores trataron de dificultar ao máximo que alguén alleo poda entende-lo. Gostaria

Re: Que motor de correción ortográfica usa o Firefox ou o ThunderBird?

2006-11-04 Conversa Xabi G. Feal
O Xoves 02 Novembro 2006 10:03, Daniel Muñiz Fontoira escribiu: Pregunta de ignorante no tema ¿iso non se pode cambiar por outro mais lexible? sería moi complicado? a Pois sen información a maiores non. Eles de seguro que teñen o manual ou o sistema de etiquetado ben gardadiño, pero facelo a

Re: Glosario: feed

2007-01-03 Conversa Xabi G. Feal
O Mércores 03 Xaneiro 2007 09:43, Daniel Muñiz Fontoira escribiu: Ola, feliz 2007. Quería saber como pensades que é mellor traducir feed (en relación aos RSS). Desde o meu punto de vista a mellor tradución sería subscrición Outras posibilidades son: abono sinal de noticias sinal de

Re: Localización da Debian ao galego

2007-01-03 Conversa Xabi G. Feal
Oes, xa nos explicarás como se mobiliza a tanta xente para apoiar (neste caso) a creación do asunto. Agardo sexan todos asiduos colaboradores nas traducións. O Mércores 03 Xaneiro 2007 10:33, Suso Baleato escribiu: Boas xentes de Trasno: Escrebo só para dar unha boa nova: avisar que ven

Re: cartafol ou cartafois

2007-04-15 Conversa Xabi G. Feal
O Sábado 14 Abril 2007 12:48, Leandro Regueiro escribiu: Eu penso que é cartafoles, pero igual me trabuco. Se nuns dias ninguén se queixa, ou se alguén con máis coñecementos nolo confirma, pódelo modificar no glosario. Ata logo, De ser aguda rematada en l, habería de se pór cartafois, pero

Re: cartafol ou cartafois

2007-04-16 Conversa Xabi G. Feal
O Domingo 15 Abril 2007 20:06, Daniel Muñiz Fontoira escribiu: Moitas Grazas pola explicación! Por fin!. Pois daquela se ninguén di o contrario porei no glosario o plural de cartafol como cartafois Bon, paréceme mellor que poñas cartafoles porque é o correcto.

KDE4

2007-12-24 Conversa Xabi G. Feal
Canto tempo... Ben, se alguén ten un agasallo de reis para o coordinador de KDE, en forma de tradución inédita, que llo mande antes do 4 de xaneiro ou terá que agardar ata a vindeira versión. Comunico a Marce e Miguel que xa subín as súas cousas e que a cousa queda nun modesto 17º posto,

Re: KDE4

2007-12-26 Conversa Xabi G. Feal
Avance informativo: -Ollei a copia local e a do svn, que son a mesma ;), e vin que, por algún misterio, certos ficheiros non se msgmergearon con éxito na derradeira actualización e, polo tanto, estaban por baixo dos niveis esperados segundo o traballo que me mandou Marce. Estes ficheiros son:

Re: Kdeedu

2007-12-27 Conversa Xabi G. Feal
O Wednesday 26 December 2007 20:46:47 Manuel A. Vázquez escribiu: Ola a todos: Estou a intentar retomar a tradución e vou mirar a ver que podo facer co kdeedu antes do día 3. Benvido sexas, non te agobies. Xa o mandarás cando poidas. Teño problemas con kbabel e co xestor de catálogos... A

Re: KDE4

2007-12-28 Conversa Xabi G. Feal
Subín de novo máis cousas e de paso probei o KDELiveCD. A verdade, é abraiante, non ten nada que ver co anterior. Está moito máis pulido en cuestións de usabilidade, ten as opcións xustas de configuración, ás que se accede doadamente e, o mellor é a velocidade, vai máis rápido, con diferencia,

Re: Noraboa

2008-01-04 Conversa Xabi G. Feal
82,6% traducidos den KDE 4.0.0, grandioso! Todos sabemos que o importante é quedar por riba dos cataláns. (ui como vexa Albert Astals a mensaxe...)

Re: De onde se traduce agora?

2008-01-28 Conversa Xabi G. Feal
Isto quer dicir que o fluxo de traballo pode ser reducido ao seguinte: traduces 4.1 e envíasllos ao coordinador, logo vas á hermida que prefiras e poslle unha vela a Santo Acisclo, a ver se hai sorte e o coordinador usa o lokalize na versión head, e pon as traducións para 4.0 e 4.1.