[Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa mvillarino
Pois iso, que preciso unha tradución para o cashew de plasma.

-- 
Best regards,
MV


Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa Miguel Branco
O Thursday 02 October 2008 00:27:29 mvillarino escribiu:
 Pois iso, que preciso unha tradución para o cashew de plasma.

Parece que, adaptando o nome latino do xénero, Anacardio. Aparece no digalego.

http://en.wikipedia.org/wiki/Cashew
http://gl.wikipedia.org/wiki/Anacardio

Non tiña nin idea que era, BTW))


Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa mvillarino
O Mércores 01 Outubro 2008 23:18, Miguel Branco escribiu:
 Parece que, adaptando o nome latino do xénero, Anacardio. Aparece no
 digalego.

Home, si, e castaña de indias, pero non me parece que proceda...

-- 
Best regards,
MV


[Semi-OT]Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa mvillarino
Oiche, e non poderías propoñerte para relator dunha charla na Akademy 
2008? ;-)
-- 
Best regards,
MV


Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa Antón Méixome


Que vos parece noz de casuvio. O Anacardio é a familia...

Antón Méixome

En realidade só sei do que estou a falar por isto:

What are the cashews?

What is commonly referred as cashew is the Plasma logo you can find on 
the default desktop, on the upper right corner, and on the panel, on the 
right hand side. By clicking on them, you can access other configuration 
options, such as panel configuration and the Zooming User Interface 
(ZUI). Some of these, like the panel cashew, only appear if the widgets 
aren't locked (see below).



mvillarino escribió:

O Mércores 01 Outubro 2008 23:18, Miguel Branco escribiu:

Parece que, adaptando o nome latino do xénero, Anacardio. Aparece no
digalego.


Home, si, e castaña de indias, pero non me parece que proceda...



Re: [Semi-OT]Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa Miguel Branco
O Thursday 02 October 2008 01:00:37 mvillarino escribiu:
 Oiche, e non poderías propoñerte para relator dunha charla na Akademy
 2008? ;-)
 --
 Best regards,
 MV

se me queren eu encantado, que eu namais é baixar unhas 3 facultades cara 
abaixo; haha. mañán miro isto. 

Ah, e o de cashew non sei onde vai exactamente, por iso a resposta 
xenérica ostia, vale; xa sei a que lle chaman cashew (e que son 
palimocas), acabo de encontralo. 

Home, pois aparte de 'elemento gráfico aforme'... non lle vexo fácil tradución 
excepto que sigas a coña, que agora entendo que é polo símbolo de plasma, e 
poñas anacadio. Que antes que deixalo en inglés... é preferible. Outra é usar 
cousas coma 'editor/manexador/diálogo de plasma'.

Heille dar outro par de voltas ó asunto mañan coa cabeza en fresco.

PD: fe de erratas: facendo clic enriba do escritorio aparece o menú 'executar 
comando...blablabla... 'trancar' '. Va, pois aparece 'painel' en vez de panel 
e me parece que saír sin til, pero isto é pecata minuta.


Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Xoves 02 de Outubro de 2008 ás 00:57, mvillarino dicía:

 Parece que, adaptando o nome latino do xénero, Anacardio. Aparece no
 digalego.
Home, si, e castaña de indias, pero non me parece que proceda...

Hehehe :D  Home, se é un anacardio é un anacardio, e non hai moitas
voltas que darlle ;)

Outra cousa é que queiras facer tradución libre e coller o nome
de algo que se lle pareza aínda que non sexa un anacardio. Nese caso a miña
proposta é feixón :P

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez


Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa mvillarino
2008/10/2 Jesus Bravo Alvarez s...@luar.es:
 O Xoves 02 de Outubro de 2008 ás 00:57, mvillarino dicía:

 Parece que, adaptando o nome latino do xénero, Anacardio. Aparece no
 digalego.
Home, si, e castaña de indias, pero non me parece que proceda...

Hehehe :D  Home, se é un anacardio é un anacardio, e non hai moitas
 voltas que darlle ;)

Outra cousa é que queiras facer tradución libre e coller o nome
 de algo que se lle pareza aínda que non sexa un anacardio. Nese caso a miña
 proposta é feixón :P

Pois tras non matinalo moito, e de maneira temporal, vou chamarlle: moco


Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa Miguel Branco

 Pois tras non matinalo moito, e de maneira temporal, vou chamarlle: moco

umm... non me convence :) 

En serio. Se eu tivera que decidir deixaría 'anacardio'. Se consideras que non 
se entende (os anacardios non che son comúns por aquí, parece) entón escolle 
como di Jesús, 'feixón' ou (como é ben máis común) 'faba'. Aparte de 'ril' non 
se me ocorena nada mellor ó que se pareza iso. Calquera outra proposta 
composta como che dicixen 'menú/editor... de plasma' parecenme pouco 
específicos e menos adecuados.  É algo novo, pois nome novo.


Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa mvillarino
O Xoves 02 Outubro 2008 19:55, Miguel Branco escribiu:
 En serio. Se eu tivera que decidir deixaría 'anacardio'. Se consideras que
 non se entende (os anacardios non che son comúns por aquí, parece) entón
 escolle como di Jesús, 'feixón' ou (como é ben máis común) 'faba'. Aparte
 de 'ril' non se me ocorena nada mellor ó que se pareza iso. 

Pois entón, tras matinalo un pouco, vou deixalo provisionalmente como: 
aquelo

Sendo a orixe o conto ese que di que unha vez estaba Paco da Casilla arando 
unha chousa e chama á muller, que estaba ao pé da casa: «Oe María, trae-me o 
aquelo que esta sobor do aquel naqueloutra cabana, que se me desaqueloutro a 
aquela»... e vai María e levou-llo.
-- 
Best regards,
MV


Re: [Semi-OT]Re: [Dúbida]Cashew

2008-10-02 Conversa Miguel Branco
O Thursday 02 October 2008 01:00:37 mvillarino escribiu:
 Oiche, e non poderías propoñerte para relator dunha charla na Akademy
 2008? ;-)

Maquinei nisto algo, e sí. Podería estar ben facer algunha proposta dende 
trasno. Que ollo, colle un finde así que poden pensar en vir ti tamén a La 
Coru(*). Podería ser interesante contar o estado da situación en GZ na 
tradución: falar da relación Xunta-Mancomun//Trasno//SWL; que distros se fan, 
como vamos nos escritorios e xq; como funciona a xente e que pensamos 
interesante que se fixeran e tirar conclusión que outros poidan aproveitar.  
Mesmo se podería falar de como NON xestionar a internacionalización dun 
proxecto; isto é ~ Mozilla ~.  

Se vos parece ben desenvolvo a idea un pouco máis, esbózoa, ensínovola e se 
vos parece preséntoa como proposta para unha charla. 

---
{{* La Coru... que segundo as 'Vellas de Ardebullo', un duo cómico destes que 
aparecen no Luar e que son de Carral, miña terriña querida; a Coruña é a única 
cidade que hai; o resto son aldeas que medraron, LOL!