olá:

ahm, voume suscribir á lista, creo que sería convinte que alguen que
controlase máis do tema de programas se suscribirse (especialmente por
iso que di da Mandrake) ... ;))

informareivos das cousas importantes nesta lista ... a non ser que
digades o contrario ...

-------- Original Message --------
Subject: Proxectos informaticos-CCNL-Vigo
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Mon, 18 Sep 2000 09:59:27 +0200
From: "Miñoca" <minh...@wanadoo.es>
To: [...]
CC: [...]

Recibín un bo feixe de respostas á miña mensaxe, polo que me vexo na
necesidade de respostar todas xuntas.

Coñezo Galego21 (mirade a miña sinatura) e os seus proxectos, coñezo as
páxinas de Trasno <http://trasno.gpul.org/> e que xa teñen traducido
algún software e documentación, coñezo (e falei previamente por
teléfone) as páxinas de Ramón Flores (computadores galegofonos,
<http://www.mx4.xoom.com/RamonFlores.1/>).

Descoñecia que dende Galego21 se estivera a falar de editar un CD-ROM
cos proxectos que teñen. Descoñecia que houbera unha distribución do
Linux case que en galego (Mandrake).

As propostas (certame e Linux), foron apresentadas á CCNL en nome da
Ciberirmandade, e tódolos membros deste colectivo tiñan coñecemento
delas. Somentes unha persoa fixo alegacións (que foron inxeridas). As
propostas foron achegadas á CCNL, quen as distribuiu entre os seus
membros (galego21 é membro). No pleno da CCNL, falouse delas, e
encargouseme a organización dunha comisión de traballo. Pois ben: hai
xente que está na
Ciberirmandade e que tamén está noutros grupos (galego21 e trasno), e a
eles lles dou as gracias por non ter a ben informar de que tal o cual
proxecto xa estaba en marcha, evitando, como algúns din, duplicación de
esforzos, "longa vida ó minifundio", ou "¿Algún outro proxecto cun
mínimo de orixinalidade?".

Puntualizando os proxectos:

* CERTAME DE PROGRAMACIÓN:

Non se trata de organizar un novo "proxecto Xis". Non se trata de
promover novos grupos de persoas que se adiquen a producir ou traducir
software ó galego. Se trata de recoller todo o existente gracias a unha
grande campaña publicitaria, extampalo nun CD-ROM e distribuilo
masivamente. O ideal sería que dende a Xunta (D.X. Política Linguistica)
subvencionaran tal proxecto a Galego21, máis sen saber a intención de
Galego21, pareciame necesario que a cidadanía pudera darlle uso ó
existente.

Como dixen, non se trata de poñer en marcha un novo grupo, se non de
recoller o existente. E o existente pode ser todo o feito polo Proxecto
Xis e Galego21 en xeral, software para Linux que non estivera
distribuido, software freeware e shareware existente na nosa lingua
feito por persoas alleas a Galego21, canto material linguistico (que é
moito) teña publicado o Servicio de Normalización Linguistica do
Concello de Vigo (ou calquera outro SNL), páxinas web, cantigas
infantis, diccionarios de todo tipo, xogos, demos, ... o que se vos
ocurra. E todo ese material distribuilo masivamente, ben regalando un CD
xunto cun periodico, ben vendelo cun prezo módico que cubra gastos (e
caso de obter beneficios, tiña a intención de propor que foran parar a
Galego21 e A Mesa). E o premio do certame: pois dame o mesmo; de feito
na proposta falaba de "máis ben simbólico". E coa autorización expresa
de piratear o CD.

* GNU/LINUX

Esta proposta non se trata, como antes, de promover novos grupos de
traballo. Tratase de que dende o Concello se FINANCIE a traducción. ¿Ós
grupos que xa existen, lles viria mal que puderan contratar xente que se
adicara en exclusiva ós seus proxectos, ou que lles financiaran dalgún
xeito o seu traballo, para que este se rematara totalmente canto antes?
E co linux e as suas aplicacións xa traducidas, que o concello
abandonara o windows dunha vez. E o mesmo que co proxecto do certame,
todo ese traballo (doutras persoas), ofrecerllo masivamente á cidadanía.



Non sei se todo o anterior é minifundista, pouco orixinal ou duplica
esforzos. Sigo sen ter clara a viabilidade de tales propostas, polo que
pedia axuda para estudialo, discutilo, concretalo e no seu caso, propor
a execución, ou, se cadra, desbotar as propostas. Se dende galego21 se
asume a primeira proposta, pois que ben: me aforro dores de miolos e
tempo perdido. Pero pareceme que hai unha diferencia entre o que se está
a discutir e a intención de
galego21: non se trata de ofrecer a distribución somentes do material de
galego21.

Ogallá que esta movida estea sendo escoitada pola D.X.Política
Linguistica, e que perante da posibilidade de que concellos do BNG movan
o cu, o movan eles primeiro e financien, a nivel de todo o pais, estes
proxectos, tanto para galego21 como para trasno.

Ben. Eu non podo respostar a tódalas mensaxes que me chegan sobor deste
asunto polas distintas listas nas que estou e correos particulares.
Pregovos a todos e todas que teñades algo que dicir, tanto para axudar
como para criticar, que vos deades de alta na lista de distribución que
abrin en exclusiva para isto, que non pretende ser unha lista eterna,
pois unha vez que se remate a discusión, deixará de existir. 

Para darse de alta, envia unha mensaxe sen texto ó seguinte enderezo:
<ccnl-informatica-subscr...@egroups.com>. Para darse de baixa, envia
unha mensaxe sen texto ó seguinte enderezo:
<ccnl-informatica-unsubscr...@egroups.com>


-- 
     Saude.
......................................................................
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza. mailto:minh...@wanadoo.es
Nais e Pais polo Ensino en Galego http://www.amesanl.org/npeg
Software en galego http://www.galego21.org
Ciberirmandade da Fala http://www.ciberirmandade.org
Grupo de novas galegas: soc.culture.galiza
......................................................................


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a