Reenvío esta mensaxe á rolda de trasno.

Agardo por parte de Cristina non haxa ningún problema de privacidade por
facer público o enderezo de correo dentro da asociación.


-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


--- Begin Message ---
Gracias, Fran.
Estou redactando unha información que ha saír publicada mañá, precisamente.
Recolle un pouco a opinión de Agasol e do Glug sobre os movementos da Xunta
de Galicia no sector (despedimentos, finalizacións de contrato, Mancomún no
aire...). Pensaba dedicarlle unha información complementaria a Trasno. A ver
que che di o futuro presidente. A miña intención era adianta-la nova. Dicir
que vos ides constituír en asociación, por que e con que consecuencias. Que
vos parece? Se non, tampouco hai problema en falar mañá.

Un saúdo,
Cris Souto

2009/10/16 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>

> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> Cristina Souto Fandiño escribiu:
> > Boas tardes, Fran.
>
> Ola Cristina,
>
> agora mesmo acabo de pedir consello na rolda interna de Trasno xa que
> como podes entender non podo actuar por iniciativa propia, xa que somos
> un colectivo. En calquera caso mañá nos constituímos e compre que o
> futuro/inminente presidente sexa o representante da nosa opinión que xa
> levamos debatendo.
>
> Puntualizo que estamos encantados que a prensa difunda a nosa opinión e
> de a coñecer o proxecto pero tes que entenderme na solicitude de polo
> menos até mañá ás 6 da tarde para poder falar en persoa con tódolos socios.
>
> En canto o noso presidente me confirme a súa dispoñibilidade remítoche o
> seu enderezo e/ou teléfono.
>
> Desculpa polos impedimentos,
>
> Saúdos
>
> >
> > Como viches, pasoume Denís o teu correo. Comentoume el que mañá se
> > constitúe en asociación o proxecto Trasno. Non sei se podo facerche a ti
> > unhas preguntas ou me podes dirixir a alguén que poda respondermas. Só
> > quero saber como é que se dá este paso e que cambio vai supoñer para o
> > traballo dos voluntarios que colaboran nesta iniciativa. Pódesme axudar?
> > Moitas gracias.
> >
> > Un saúdo,
>
>
> - --
> Fran Diéguez
> Desenvolvemento de Aplicativos Informáticos e  Servizos
> en Software Ceibe          -                Galiza (ES)
> http://www.mabishu.com     -   fran.dieg...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrYuL8ACgkQmLtmJqKk+bgc7wCfSH2Q5mm0xGn1+LV759ofphGB
> 1GMAn2UinK+oIInCE59vnTX0ijRT+WM9
> =+4+T
> -----END PGP SIGNATURE-----
>



-- 
Cris Souto
Telf. 600 599 046
cristina.so...@xornaldegalicia.com
www.xornaldegalicia.com

--- End Message ---

Responderlle a