O Martes, 16 de Xuño de 2009 19:05:54 Xosé escribiu: > Traducin ese módulo porque habia xa quince dias que faláramos. Mea culpa, > debin preguntar antes. Por certo, nos que traballo habitualmente xa hai > pouco. Podes-me asignar algun outro?
A ver: Miguel está desaparecido (polos exames e traballo), e anda en Koffice Manuel está en kdeedu, tocou koffice (musicshape), e o playground-multimedia, de feito agora os ficheiros relacionados con partituras están revisados por un mestre de música ;-) Xosé está en extragear-graphics, kdeedu (deixado en favor de Manuel), kdegames (penso que deixado en favor de Adrián), kdepim ... e pode seguir por exemplo polo kdenetwork, ou o kdereview, ou o kdevplatform. Adrián entra en kdegames. Marce anda a corrixir a ortografía por kdelibs, kdepimlibs, kdebase, kdeaccessibility, kdeadmin e kdeartwork (si, feito o esencial vou por orde alfabética saltando os módulos onde haxa xente a traballar). Meixome por Lokalize (a ver en que acaba a cousa). É posíbel que me esquecese de traballo feito por alguén. Desculpas.