Re: [Softlibre-edugal] [RFH] Kalzium

2008-08-12 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/11 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Olá,
 Kalzium é un programa educativo para a área de química que ademáis da típica
 información de táboa periódica ten visualización de moléculas, que pode ler
 en varios formatos de ficheiro.

 Temos disponíbel unha versión en galego para este programa, lamentabelmente
 non chegou a tempo de 4.1.0, pero o ficheiro po está disponíbel para a súa
 obtención de internet, polo que pode instalarse a localización sen moito máis
 que vontade.

 A tradución precisa dunha revisión, polo que animo a quen teña interese no
 asunto, a instalar o kalzium, a tradución ao galego [1], e darlle unha volta
 á procura de erros.

 Non teño outra forma de pagalo que con estima.

 [1]Axudarase no caso de dúbidas.

O programa este está moito mellor có gperiodic, que traducira o meu
irmán (o único que traduciu), e que finalmente non se puido enviar de
volta porque foi imposible contactar con ninguén do equipo de
desenvolvemento. Se vale de algo, que o dubido, buscoo nas copias de
seguridade. Como apoio é recomendable usar a galipedia, pero non
confiando cegamente nela (todos metemos a zoca).

Ata logo,
   Leandro Regueiro


[RFH] Kalzium

2008-08-11 Conversa mvillarino
Olá,
Kalzium é un programa educativo para a área de química que ademáis da típica 
información de táboa periódica ten visualización de moléculas, que pode ler 
en varios formatos de ficheiro.

Temos disponíbel unha versión en galego para este programa, lamentabelmente 
non chegou a tempo de 4.1.0, pero o ficheiro po está disponíbel para a súa 
obtención de internet, polo que pode instalarse a localización sen moito máis 
que vontade.

A tradución precisa dunha revisión, polo que animo a quen teña interese no 
asunto, a instalar o kalzium, a tradución ao galego [1], e darlle unha volta 
á procura de erros.

Non teño outra forma de pagalo que con estima.

[1]Axudarase no caso de dúbidas.
-- 
Best regards,
MV