Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, eu aínda diría máis: Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación). Creo que amba-las dúas valen. De feito, creo que hai casos con ata tres formas posibles. Cousas da lingua. Vos sodes de fixestes ou de fixéchedes? ;-) Eu son de fixestes. Eu usaria tanto vou traducilo coma vouno traducir, pero o segundo máis ben coma unha intención que non ten por que cumprirse pronto e a segunda como que o vou traducir agora mesmiño. Ata logo, Leandro Regueiro
Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
2008/12/24 Marce Villarino mvillar...@gmail.com O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo, adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian despois do verbo, agás casos moi concretos. -- Best regards, MV -- To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net. Un profesor meu dicía: en galego, un pronome persoal átono nunca comeza unha oración. Non soluciona tódolos casos, pero sí os mais ferintes XD -- Xabier Villar
[Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo, adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian despois do verbo, agás casos moi concretos. -- Best regards, MV
Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo, adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian despois do verbo, agás casos moi concretos. Grazas, sempre se me pasa. -- Best regards, MV
Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
Marce Villarino wrote: O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo, adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian despois do verbo, agás casos moi concretos. Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, eu aínda diría máis: Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación). Un saúdo! Felipe.
Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
Marce Villarino wrote: O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo, adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian despois do verbo, agás casos moi concretos. Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, eu aínda diría máis: Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación). Creo que amba-las dúas valen. De feito, creo que hai casos con ata tres formas posibles. Cousas da lingua. Vos sodes de fixestes ou de fixéchedes? ;-) Un saúdo! Felipe.
Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
O Mércores 24 Decembro 2008 13:07, Felipe Gil Castiñeira escribiu: Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación). Non, non é dialectal, nestes casos con varios verbos os pronomes eses van co verbo ao que lle damos énfase. Así, con «vou traducilo», das dúas accións, facer e traducir, a máis importante para o locutor é a de traducir, no entanto que con «vouno traducir» é a outra. -- Best regards, MV
Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?
O Mércores 24 Decembro 2008 13:07, Felipe Gil Castiñeira escribiu: Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación). Non, non é dialectal, nestes casos con varios verbos os pronomes eses van co verbo ao que lle damos énfase. Así, con «vou traducilo», das dúas accións, facer e traducir, a máis importante para o locutor é a de traducir, no entanto que con «vouno traducir» é a outra. Así, cando eu diga vou traducilo, ti podes responder un c*r*ll*! vouno traducir eu!. -- Best regards, MV