Despois de formularlle unha dúbida ao noso insigne (é oficial :-D) lingüista
fixo unha das súas "aclaratorias" que creo que é preciso compartir.

A miña pregunta:
*Bótalle un ollo a isto... son as tradus de LibreOffice para a interface
Unity
teño a dúbida na última... puxen cousas como:
Base de datos nova, teño para min que quedaría mellor Nova Base de
datos, mais teño a dúbida dese B de base, maiúsculo ou minúsculo ?
*

É algo que me veño preguntando ultimamente

Por que soa peor ler nos menús dun aplicativo  "Ficheiro novo"  e soa mellor
"Novo ficheiro".

En principio vai contra o sentido normal da lingua... pero creo que a clave
é que non son o mesmo. Preferir "ficheiro novo" é unha recomendación de
estilo moi antiga, que xeralmente se pode aceptar como a forma máis natural,
menos marcada, pero nestes casos creo que non. Entramos noutro terreo. Por
un lado temos o estilo sintético, nominativo, case telegráfico que nos fai
prescindir do verbo correspondente.

(Crear/Abrir un) Novo ficheiro     <<<isto non é unha descrición senón unha
orde>>

Isto quere dicir que é "outro máis", que se vai incorporar algo do mesmo
tipo pero unha novidade

Este é un ficheiro novo  <<isto é unha descrición>>

Isto quere dicir que o ficheiro é recente, actual, que ten pouco tempo. Así
que "abrir un ficheiro novo" quere dicir que os vellos non os buscamos para
abrir. Non é iso o que queremos expresar.

En resumo que son dous valores sutilmente diferentes do adxetivo "novo"
xunto co feito de encontrarse en frases de distinta intención (imperativa
--facer-- /afirmativa --ser--). Por aí tería sentido que aos nosos oídos o
valor de executar unha acción, que engade ou incorpora algo sería
"novo+alcalde" que é moi distinto de ser "alcalde+novo". Non é mesmo dicir
"está facendo unha nova actividade" (como continuación dunha serie) que
"está facendo unha actividade nova" (non vista ata agora). O complicado é
que os falantes xogamos coa énfase e o "peso" expresivo pero creo que se
entende.

O que me facía desconfiar é o feito de que o castelán preferise esta mesma
colocación. Como o castelán é unha lingua dominante que interfire na nosa
sintaxe de modo grave... pois iso, pero despois de ver que os brasileiros
fan exactamente a mesma construción xa me convenzo que non se trata dunha
perversión moderna é que é o adecuado para nós. Facer o contrario sería caer
no outro extremo, a "hipercorrección".


Noutro correo engade...

-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a