> O contexto é o dos cms cando un está a crear/modificar un elemento/artigo, > este márcase de xeito que outro usuario non poda modificalo.
> Cando o usuario que ten o artigo/elemento remata e pecha este queda libre. > As veces, porque caduca a sesión ou outros motivos un determinado elemento > queda marcado como ocupado por outro usuario polo que non permite a súa > modificación vista a descrición, casa co concepto de "locking" de subversión (http://svnbook.red-bean.com/en/1.2/svn.advanced.locking.html). "lock" en xeral aparece traducido como "bloquear" ou "trancar"/"atrancar". Se non me falla a memoria, eu viña usando "trancar" referido a impedir entrar e reconfigurar (incl. a posición), e "bloquear" para o resto. Pero agora que me decato, "reservar"/"reservado" acáeselle ben a isto, dado que efectivamente, estas a gardar especialmente certo contedor de información para determinado usuario. Saúdos, Marce Villarino _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto