Re: ¿Quen hai aqui?

2000-04-01 Conversa Santiago Garcia Mantinan
> > E outra cousiña >:-[ ¿ como é que ainda non se pronunciou ninguen do
> > gpul?
> pois nin idea, Jesus leva un par de días desaparecido, e Tarrío e
> manty (e creo que non hai ninguén máis) aínda non falaron :// quizais
> sexa porque parece que a lista non quere enviar algunhas mensaxes que
> lle chegan, e igual mén pasa de enviarllo a algunha xente.

Home, pola miña parte, e que andaba moi liado co da organización da
XuventudeGalicia.Net, e nin lera as mesaxes, pero agora que as leo tampouco
teño moito que dicir.

Simplemente duas cousiñas, unha, que a min houbo mensaxes que non me
chegaron, se embargo outras que foron reenviadas por non teren chegado á
xente, si que as recibira na primeira instancia. Creo que deberiades mirar o
funcionamento do listserver, se non hai maneira de ter un funcionamento bo
dentro de eurielec, cecais seria mellos mirar outras alternativas.

Outra cousiña, é respecto ó da fusión das listas, creo que o modelo que se
debería tomar sería ún no que os grupos de traducción non aparezan ligados a
ningún lug en concreto, pero esto non ten porque facer desaparecer as listas
dos respectivos lugs que existiran antes, iso sí, se queremos que calquera
se una a un proxecto calquera, creo que debo insistir en que os proxectos de
traducción deberianse desvincular de calquera LUG.

Outra cousiña mais... sobor do das normativas, ven, creo que debería de
haber unha normativa recomendada oficialmente, creo tamén que esta debe ser
a oficial. Evidentemente non se pode forzar a ninguén a traducir nesta ou
noutra normativa, e non creo que conveña para nada o pasar de considerar as
traducción de ninguén por estar noutra normativa que non sexa a recomendada,
si ben creo que todos deberiamos de face-lo esforzo de adaptar as nosas
traduccions a esta normativa.

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.i.am


Re: ¿Quen hai aqui?

2000-03-23 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
"Francisco X. Vázquez" wrote:
> 
> Ola:
> 
> Quixera saber quen esta suscrito a esta lista, ¿é unha suma do
> gpul-traduccion e gzlinux?. ¿Estan todos os que estaban nesas listas?.

non, está só a xente que se apuntou para debatirmos sobre como son e
serán as cousas.

> E outra cousiña >:-[ ¿ como é que ainda non se pronunciou ninguen do
> gpul?

pois nin idea, Jesus leva un par de días desaparecido, e Tarrío e
manty (e creo que non hai ninguén máis) aínda non falaron :// quizais
sexa porque parece que a lista non quere enviar algunhas mensaxes que
lle chegan, e igual mén pasa de enviarllo a algunha xente.

se tedes algún tipo de problema avisade para tentar solucionalo canto
antes. polo de agora, chegou a mensaxe de presentación de Jesus, as de
presentación de normas e listas de correo que mandei eu, e varias
respostas a estas.

> ¿Xa se pode usar esta para calquera cousa?

o dito, só para debatir; pero a miña idea é que xuntemos as listas o
antes posible.

> Adeus.
> 
> PD: Que ben senta esto de estrear unha nova lista.

;)))


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]


¿Quen hai aqui?

2000-03-23 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

Quixera saber quen esta suscrito a esta lista, ¿é unha suma do
gpul-traduccion e gzlinux?. ¿Estan todos os que estaban nesas listas?.

E outra cousiña >:-[ ¿ como é que ainda non se pronunciou ninguen do
gpul?

¿Xa se pode usar esta para calquera cousa?

Adeus.

PD: Que ben senta esto de estrear unha nova lista.