Ola,

Propoño realizar ata primeiros de novembro cursos esporádicos de
localización. Isto sería, quen queira -- calquera de vós -- realizar un
curso dun tema calquera relacionado coa localización:

   - proporíao por aquí
   - organizaríase de xeito autónomo para realizalo
   - faríase en centros educativo (Bacharelatos, FPs...) ou Centros Sociais
   e Asociacións...
   - en canto se fixe que se realizará informase por aquí
   - e despois do evento dariase o resumo de como foi e o que se conseguiu
   pola wiki (fotos, inda que non se fagan públicas, son necesarias)

Publicitando o Proxecto Trasno, os gastos de dietas e desprazamentos poden
ser cubertos pola asociación *ata o 1 de novembro*!. Despois de novembro
poderíanse realizar igualmente pero a AC non podería cubrir os gastos.
Calquera problema que vexades para organizar eventos nalgún sitio en
concreto informádenos á directiva da AC e miraremos de solucionalo.

O *obxectivo* é dirixirnos directamente a sectores nos que vexamos que
poida haber futuros localizadores ó galego e/ou nos cales nos interese
difundir o proxecto.

Segundo vaiades propoñendo eventos* anotádeos na wiki*

   - Estado
   - En colaboración co (se a houber)
   - Administración: (quen administra o evento, no caso de haber un C.
   Educación Secundaría, FP, AC...)
   - Lugar
   - Datas
   - Relatores
   - Horarios
   - Público obxectivo (idade, formación, datos polos que é de interese...)

Segundo fagades, cubride os datos aquí:
http://wiki.trasno.net/Cursos_espor%C3%A1dicos_de_localizaci%C3%B3n
Para cada curso en concreto, abride unha páxina na wiki e dádelle ligazón a
anterior, a principal.

Espero que vos guste o proxecto e vos animedes. Para calquera evento na
Comarca da Coruña podedes case seguro contar comigo.

Apertas!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a