Hola a todos;
Estou recen apuntado a lista e teño a configuración que vos indico arriba, o 
correo estou escribindo dende o Kontact de KDE.
Non consigo configurar o entorno en galego (vexo algúns menús pero sempre me 
falta algún caracter do teclado).
Na consola fállanme os ordinais (sae unha g con dierese) e os acentos das 
maiúsculas. No KDE agorame mesmo fallanme as eñes e nos ordinais sae ª).
Xa probei moitas cousas, recetas etc,  pero sempre nalgún dos tres me falla 
algún caracter.
Os comandos que tentei son: locale, locale-gen, localeconf e os respectivos 
dpkg-reconfigure, set-language-env. Probei con todolos tipos de locales que 
atopei, gl_ES, gl_ES-UTF-8, con e sen euro pero non o consigo
Creo que o erro pode estar en mezclar distintas receitas ou consellos.

¿Coñecedes ou dispoñedes de algún manual ou explicación destallada que 
inclua todolos arquivos de configuración que poden ter que ser editados?

Moitas gracias,

Miguel
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a