Reenvío porque pode resultar interesante entrar na discusión.

---------- Forwarded message ----------
From: Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>
Date: 2011/7/12
Subject: [USC-LEXITERM] Procesadores "multicore" e "manycore"
To: usc-lexit...@listas.usc.es


Ola,

Queriamos escoitar opinións sobre os equivalentes que deberían ter en galego
eses dous termos ingleses que describen diferentes configuracións dos
procesadores dun ordenador
(http://en.wikipedia.org/wiki/Multi-core_%28computing%29)

Para o primeiro deles está bastante estendido en galego o uso de MULTINÚCLEO
(http://www.google.com/cse?cx=015674700368125047938%3Av2u57gvpf5w&ie=UTF-8&q
=pitch&sa=Pesquisar&siteurl=www.google.com%2Fcse%2Fhome%3Fcx%3D0156747003681
25047938%3Av2u57gvpf5w).

Pero para o segundo, non é doado atopar un prefixo que indique a idea de
'varios' e que incorpore o matiz de 'máis ca multi-'. Dada esa dificultade
poderiamos asumir imos que o galego vai acabar incorporando a forma do
inglés (se cadra, adaptada como "manicore"), pero parece insólito recomendar
un nome en galego para "multicore" e non facer o mesmo para "manycore".

Chegados aquí, expoño á vosa opinión dúas alternativas:

1) POLIMULTINÚCLEO
Sería unha opción ideal se os "manycore" se configuran por acumulación de
"multicore", xa que iso é o que está indicando a denominación ('varios
multinúcleos').

2) MIRIANÚCLEO
O prefixo "miria-" significa en galego dúas cousas:
a) 'dez mil', como en "miriámetro"
b) 'numerosos", como en "miriápodo" ou "miríade"
Aproveitando o sentido b) poderíase defender que "miriánúcleo" pode cubrir
ese sentido de 'máis ca multi-' que andabamos buscando.

Por suposto, se tedes algunha outra idea ou proposta, por favor, sacádea ao
debate.

Un saúdo


Xusto A. Rodríguez Río
Servizo de Normalización Lingüística
Edif. Biblioteca Intercentros
Servizos Administrativos
27002 Lugo

Tfno.: 982 285 900 ext. 23582
Correo el.: xusto.rodrig...@usc.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a