Como en admin non teño resposta, vai pola xeral.

(Iso si, co das chaves hai unha alternativa mellor)


---------- Forwarded message ----------
From: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
Date: 2010/5/25
Subject: [pootle][kde] comezamos
To: admin en trasno.net


Bon día:

estiven documentándome acerca de como facer o de kde: svn+ssh +
cron/at + pootle.

A mellor documentación que achei son:
http://gustavonarea.net/blog/topics/howtos/
e
http://translate.sourceforge.net/wiki/pootle/version_control

En esencia: hai que meterse mediante shell a facer a obtención
inicial, e é recomendábel facer unha automaticamente cada día,
mediante «at» ou «cron».

Tamén é recomendábel non ter que meter seguido o contrasinal da chave ssh.

No seu día, mediante un par de scripts, teño simplificado as
operacións estas, incluída a de non meter seguido o contrasinal, polo
que nese sentido pouco habería que facer.

Penso que para facer a tradución de kde -mainstream- mediante unha
copia local en trasno quedan pendentes estas cousas:

a) Comprobar que a estrutura dos cartafoles e ficheiros é compatíbel
con trasno; tirar do anonsvn para isto.
b) Pasarvos a miña chave ssh en kde, para que a empregue pootle nos commits
c) Facer a obtención dos ficheiros
d) Configurar o que haxa que configurar no pootle para ter o proxecto
dispoñíbel.

e) Preparar os scripts de commit automático diario (ás 00:30 h). Os
que aparecen na primeira ligazón son naif para seren correctos (en
concreto, non xestiona as adicións de ficheiros, nin o que facer no
caso de apareceren conflitos entre a copia local e head)

Que fago agora? Preciso de asistencia.

Responderlle a