Bon día,

Acabo de actualizar o navegador á versión 31 e de botar unha ollada por
riba vexo que hai algunhas incoherencias na forma de tratamento (vostede
vs. ti), o cal resulta confuso.

*Comece* co menú redeseñado e intuitivo vs. Deseñado para que o *poidas*
personalizar

*Precisa* axuda? vs. A *túa* privacidade é o primeiro


Dito queda. En contrapartida non vin ningunha gralla nin termo incorrecto.

Miro a lista moi de vez en cando, pero, se fai falta, estou sempre
encantado de poder axudar, por exemplo facendo a revisión de materiais
localizados.

Apertas, Manuel
@msoutopico
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a