Encamiño esta mensaxen que recebin, e que considero de interese para a lista.
----------  Mensagem Reencaminhada  ----------

Subject: Nucleus en galego
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Sexta 30 Junho 2006 11:07
From: Contidos Dixitais <n...@contidosdixitais.com>
To: fa2ra...@usc.es

Ola:
O meu nome é Noa Orizales e son directora de proxectos da empresa galega
Contidos Dixitais. Dado que a nosa empresa é pequena e non pode investir
en proxectos económicamente pensamos que unha boa forma de exercer a
nosa responsabilidade social sería contribuir coa comunidade a localizar
software ao galego. Por iso vimos de rematar a tradución ao galego de
Nucleus (xestor de bitácoras de código aberto). Agradeceriámosche que
puideses publicar a ligazón dende a que se pode descargar o arquivo de
idioma.

Adxúntoche ambas direccións, a da nosa empresa, que explica nunha nova
en que consiste Nucleus e pon unha ligazón a Nucleus dende onde descargar
o software (se puxeses esta ligazón tampouco nos viría mal que a xente
botase un ollo á nosa páxina, aínda que se non o consideras axeitado,
non pasa nada ;):
http://www.contidosdixitais.com/novas.html#sp4
Enderezo directo de Nucleus: http://nucleuscms.org/languages.php
Moi agradecidos de antemán e felicitacións polo teu traballo.
Noa Orizales Iglesias
i...@contidosdixitais.com
Tlf.: 666 23 49 66
www.contidosdixitais.com

P.D. Por certo que nós tamén somos socios da empresa Dokeos, que
distribúe baixo licenza GPL (totalmente libre e gratuito) o LMS Dokeos
(http://www.dokeos.com/es) que tamén conta con tradución ao galego.

-------------------------------------------------------
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a