olá meus:

antes de nada, que se me pasou dicivos a dirección:
http://gzlinux.dhs.org
é "dhs" e non "dhis" que moita xente confúndeo!! :)

o de molestar, non o dicía por molestar de forma activa senón pasiva:
porque se estades cun debate interno, por exemplo cando decidades a
forma de colaboración entre os dous grupos, non é lóxico ter un "axente
de espionaxe" porque pode coartar a liberdade de opinión de alguén. era
só iso :)

todo o que dixen é pura especulación, simplemente era unha toma de
contacto. por exemplo, xa sei que non podemos chamarnos TGLUG porque xa
dixo Rubén que non somos un LUG (foi a primeira parvada que se me
ocorreu, era por destacar que non se chamara como ningún dos grupos).
tanto é unha especulación que aínda non mandei nada de información ao
noso grupo XDDDDD.

é certo iso da coordinación. ultimamente estiven moi liado e por iso non
puiden poñerme en contacto antes con vós. o que me inquieta moito é Jose
Dapena que comentou algo de distribucións ... porque polo momento nós só
temos 4 howtos mal feitos :( . o certo é que aínda somos un grupo
pequeniño e o peor é que aínda non é un proxecto moi estable. podedes
explicarme o da distribución mellor :?

e xa para rematar, vou contar isto no noso grupo e facer un guión sobre
as posibles formas de colaboración (páxinas conxuntas, seguir mantendo
as dos dous grupos ..) para logo debatir sobre iso, para ter algo sobre
o que comezar a falar :)

PD: isto último xa non o fago porque xa se tomou Xaquin a molestia :))
 
aburinho!!

Manuel A Fdez Montecelo  <cre...@futura.interbook.net>


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a